Elefante africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elefante africano
Elefante africano de sabana, Loxodonta africana no Parque Nacional Mikumi, Tanzania
Elefante africano de sabana, Loxodonta africana no Parque Nacional Mikumi, Tanzania
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Loxodonta
Distribución de Loxodonta (2007)

Distribución de Loxodonta (2007)
Especies

L. adaurora

ssp. L. a. adaurora
ssp. L. a. kararae

L. africana
L. atlantica

ssp. L. a. angammensis
ssp. L. a. atlantica

L. cyclotis
L. exoptata

O elefante africano é un proboscídeo do genus Loxodonta[1], que consta de dúas especies existentes: o elefante africano de sabana e o elefante africano de bosque. Loxodonta é un dos dous xéneros existentes da familia Elephantidae. Malia que se cre que o genus foi descrito por Georges Cuvier en 1825, Cuvier escribiuno "Loxodonte". Un autor anónimo latinizouno en "Loxodonta", e o International Code of Zoological Nomenclature (ICZN) recoñeceuno como de autoría propia.

Descrición[editar | editar a fonte]

O elefante africano é o animal terrestre máis grande que existe. O seu corpo repousa sobre as súas grandes patas e ten o lombo cóncavo. As súas orellas axúdano a regular a temperatura. O seu labio superior e nariz forman a súa característica trompa. A trompa actúa como unha extremidade e como amplificador de sons. A trompa do elefante africano remata en dous apéndices opostos, mentres que a trompa do elefante asiático remata nun só apéndice. Os elefantes africanos de sabana son meirandes que os asiáticos. Os machos acadan os 3.2-4m de altura e un peso de 4700-6048kg, e as femias 2.2-2.6m de alto e un peso de 2160-3232kg.[2]

O maior exemplar rexistrado medía 4m e pesaba 10 toneladas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kalb, Jon E.; Assefa Mebrate (1993). Fossil Elephantoids from the Hominid-Bearing Awash Group, Middle Awash Valley, Afar Depression, Ethiopia. Independence Square, Philadelphia: The American Philosophical Society. pp. 52–59. ISBN 0-87169-831-5. http://books.google.com/books?id=AOzn0vdaDgUC&lpg=PA53&ots=OCPoM5tSar&dq=Loxodonta%20adaurora&pg=PA59#v=onepage&q=Loxodonta%20adaurora&f=false. 
  2. Barry Laurson & Marc Bekoff (6 Jan 1978). "Loxodonta africana" (PDF). Mammalian Species 92: 1–8. http://www.science.smith.edu/departments/Biology/VHAYSSEN/msi/pdf/i0076-3519-092-01-0001.pdf. Consultado o 2010-08-05. 
  3. Macdonald, D (2001). The New Encyclopedia of Mammals. Oxford: Oxford University Press.