Eleccións lexislativas de Rusia de 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións lexislativas de Rusia de 2011Eleccións lexislativas de Rusia de 2011
Data4 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata
TipoState Duma election in Russia (en) Traducir e eleccións Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido450 member of the State Duma (en) Traducir ≈ 6th State Duma of the Russian Federation (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado109.237.780 Editar o valor em Wikidata
65.656.526
   60.1٪
Ponto percentual (pt) 3.61
Número de votos válidos64.623.062    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
RU
32.379.135   50.1٪
Ponto percentual (pt) 14.91
Deputado 315 → 238 Número de escanos 77
КПРФ
12.599.507   19.5٪
Ponto percentual (pt) 7.8
Deputado 57 → 92 Número de escanos 35
Rússia Justa (pt) Traducir
8.695.522   13.46٪
Ponto percentual (pt) 5.63
Deputado 38 → 64 Número de escanos 26
Partido Liberal Democrata da Rússia (pt) Traducir
7.664.570   11.86٪
Ponto percentual (pt) 3.63
Deputado 40 → 56 Número de escanos 16

Editar o valor em Wikidata
 ← 2007 (en) Traducir Editar o valor em WikidataRusia Editar o valor em Wikidata 2016 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  → 
Emblema das eleccións (Eleccións 2011)

O 4 de decembro de 2011 celebráronse as eleccións lexislativas na Federación de Rusia, para asignar os 450 escanos da Duma Estatal, a cámara baixa da Asemblea Federal de Rusia, o poder lexislativo.

Por primeira vez a Duma Estatal terá un mandato de cinco anos.[1] O mandato anterior era de catro anos.

Nas eleccións participaron sete partidos, todos os partidos rexistrados en Rusia até a data das eleccións, que se distribuíron por sorteo na papeleta electoral do seguinte xeito:

  1. Rusia Xusta
  2. Partido Liberal-Demócrata de Rusia
  3. Patriotas de Rusia
  4. Partido Comunista da Federación Rusa
  5. Iabloko
  6. Rusia Unida
  7. Causa Xusta

Para entrar na Duma os partidos deben superar a barreira do 7% dos votos ou superar o 5% ou 6% que garante un e dous escanos respectivamente.

Resultados[editar | editar a fonte]

Co 99,99% dos votos escrutados Rusia Unida consegue o 49,30% dos votos, o Partido Comunista 19,20%, Rusia Xusta 13,25% e o Partido Liberal-Demócrata o 12,00%. Os demais partidos non conseguen superar a barreira do 7%, nin conseguen o 5%, que lles garantiría un escaño.[2]

Rusia Unida perde a maioría constitucional, que lle permitía aprobar leis constitucionais sen formar coalición con outros partidos.[3]

Iabloko, ao superar o 3% dos votos obtén o dereito ao financiamento estatal (20 rublos por voto) e desfrutará de espazo gratuíto na prensa escrita e a televisión do Estado nas próximas eleccións lexislativas dentro de cinco anos.[4]

Partido Distribución dos escanos Votos % ± %
Escanos ± %
Rusia Unida 238 -77 52.88% 32 379 135 49.32% -14.98%
Partido Comunista 92 +35 20.46% 12 599 507 19.19% +7.62%
Rusia Xusta 64 +26 14.21% 8 695 522 13.24% +5.50%
Partido Liberal-Demócrata 56 +16 12.45% 7 664 570 11.67% +3.53%
Iabloko 0 =0 0.00% 2 252 403 3.43% +1.84%
Patriotas de Rusia 0 =0 0.00% 639.119 0.97% +0.08%
Právoye delo 0 =0 0.00% 392.806 0.60% +0.60%
Total 450 0 100.00% 64 623 062 100.00%
Votos inválidos 1 033 464 1.57%
Rexistrados (participación: 60.10%) 109 237 780
Fonte: Comisión Central Electoral Rusa

Protestas[editar | editar a fonte]

O 5 de decembro, os opositores ao goberno comezaron a protestar en Moscova, denunciando a Vladimir Putin, o seu goberno e unhas eleccións que consideraban viciadas. Os activistas argumentaron que as eleccións foran unha farsa e pediron que o Primeiro Ministro, Putin, dimitira, mentres que algúns esixían unha revolución. Á súa vez, os simpatizantes do partido gobernante realizaron contramarchas de apoio.

Notas[editar | editar a fonte]