Duma Estatal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema da Duma Estatal

A Duma Estatal (en ruso: Государственная дума, tr.: Gosudárstvennaya Duma, abreviatura habitual: Госдума, tr.: Gosduma) é a cámara baixa da Federación Rusa, onde o parlamento se coñece como Asemblea Federal de Rusia, sendo a cámara alta o Consello da Federación Rusa. A súa sede está en Moscova.

Poderes da Duma Estatal[editar | editar a fonte]

A Duma Estatal ostenta os seguintes poderes:

  • aprobar leis federais (por maioría dos deputados) e leis constitucionais, que deben ser aprobadas polo Consello da Federación Rusa e firmadas polo Presidente de Rusia.
  • anular o veto do Consello da Federación Rusa a unha lei federal por maioría de dous terzos.
  • anular o veto do Presidente de Rusia a leis federais por maioría de dous terzos xunto con tres cuartas partes dos votos dos membros do Consello da Federación Rusa.
  • comezar o procedemento de censura contra o Presidente de Rusia por maioría de dous terzos.

Segundo a Constitución da Federación Rusa de 1993, a Duma Estatal está composta por 450 deputados (artigo 95), elixidos para un período de catro anos (artigo 96). Os cidadáns rusos a partir de 21 anos poden ser elixidos para a Duma (artigo 97).

Composición actual[editar | editar a fonte]

Coat of Arms of the Russian Federation.svg Duma Estatal de
Rusia en 2007
Duma Estatal Rusia 2007.svg
     Rusia Unida     Partido Comunista      Partido Liberal Democrático     Rusia Xusta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]