El Miñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Miñor
LocalidadeBaiona
Na rede
Galiciana: 7264
editar datos en Wikidata ]

El Miñor foi un semanario editado en Baiona entre 1904 e 1911.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 26 de novembro de 1904. Editábase os sábados. Estivo dirixido por Xosé María Barreiro e Cándido del Río Giménez. Defendía os intereses municipais do Val Miñor con fina sátira a aire xocoso. Estivo vencellado ao agrarismo. Tivo unha axencia correspondente en Buenos Aires, no número 703 da rúa de Belgrano.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Agencias de periódicos". Nova Galicia (en castelán) (Buenos Aires). 24-9-1911. p. 2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]