El Eco Mindoniense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco Mindoniense
LocalidadeMondoñedo
Na rede
Galiciana: 3871
editar datos en Wikidata ]

El Eco Mindoniense foi un semanario editado en Mondoñedo entre 1882 e 1885.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico católico, científico y literario, apareceu o 22 de novembro de 1882. Publicábase os mércores. Feliciano Sanjurjo Silva foi o seu fundador e propietario e tamén o director. Era de ideoloxía católica, pero tamén publicou traballos científicos e literarios. Imprimíase na tipografía de Hermenegildo Mancebo de Mondoñedo. Foi continuado por El Eco en 1885.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]