El Combate (Monforte de Lemos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Combate
LocalidadeMonforte de Lemos
editar datos en Wikidata ]

El Combate foi un semanario que se publicou en Monforte de Lemos en 1934.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu o 23 de setembro de 1934. Fundado e dirixido por Jesús Ramos Rodríguez. Publicación conservadora e católica, órgano de expresión da Federación de Sindicatos Agrarios, controlada por Antonio Maseda Bourio. Entre os seus colaboradores figuraron Leandro Carré Alvarellos e Rosendo Vila Fernández. Publicou un poema de Germán Vázquez dedicado a Castelao e Bóveda, e outro de Anuncia Lorenzo Abella. Deixou de publicarse o 9 de decembro de 1934 co número 14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-024-X. 
  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 84-8192-110-6. 
  • "Combate, El" (p. 116) en: Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-137-X.