Elías Vicente Rivas Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xuño de 1844 Siador, España |
Morte | 2 de xullo de 1919 (75 anos) Silleda, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , xuíz |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Narciso Rivas Martínez |
Pai | Francisco María Rivas Taboada |
Elías Vicente Rivas Martínez, nado en Siador (Silleda) o 19 de xuño de 1844 e finado o 2 de xullo de 1919, foi un avogado e xuíz galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Francisco María Rivas Taboada, fundador e benfeitor do santuario da Virxe da Saleta de Siador. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi Xuíz municipal de Silleda. Casou coa súa curmá Florentina Martínez Blanco e foi pai de Narciso Rivas Martínez.