Francisco María Rivas Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco María Rivas Taboada
Biografía
NacementoSiador, España Editar o valor em Wikidata
Morte1874 Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosElías Vicente Rivas Martínez Editar o valor em Wikidata

Francisco María Rivas Taboada Baamonde, nado en Siador (Silleda) e finado en 1874, foi procurador e alcalde do concello de Chapa, posteriormente Silleda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Propietario do Pazo de Sestelo, na parroquia onde naceu, promoveu a creación do Santuario da Virxe da Saleta, converténdose no primeiro en toda España baixo esta advocación. En 1863, encargou unha imaxe da virxe ao escultor santiagués Magariños, que foi trasladada a ombreiros desde Compostela ata o seu pazo, onde permaneceu ata o ano seguinte, cando se traslada ao santuario, xa construído este.[1] Foi alcalde de Chapa en 1856 e 1865. Casou con Carmen Martínez Núñez e foi pai de Elías Vicente Rivas Martínez e avó de Narciso Rivas Martínez, o primeiro xuíz municipal en Silleda e o segundo alcalde de Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Roberto Rivas cede ao Concello de Silleda valiosa información sobre a historia do municipio e da Saleta". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2013.