Elías Portela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elías Portela Fernández, nado en Cangas en 1981, é un poeta e tradutor en galego, castelán e islandés, lingua na que publica baixo o pseudónimo de Elías Knörr.

A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ó autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles a súa lingua artificial propia, Lwyma.

Índice

[editar] Traxectoria

Comeza na adolescencia dentro do grupo de poetas do IES María Soliño e recibe un accésit de poesía no XXVII Certame Literario Minerva do C. M. Peleteiro (1999) polo poemario Maceira verde, laranxas azuis; maceira verde, laranxas azuis; maceira verde, laranxas azuis. Nos anos seguintes deixa a escritura e os recitais, ata que en 2008 publica Imaxes na Pel na editorial Morgante. En 2010 sae á luz o seu segundo libro en galego Cos Peitos Desenchufados en Edicións Barbantesa e recibe o premio Xohán de Cangas á Creación Literaria 2010.

A súa traxectoria en islandés comeza baixo o anonimato que crea co seu pseudónimo. Portela asina os seus poemas como "Elías Knörr", ocultando así a súa orixe estranxeira, mais creando tamén un heterónimo co que dialogará en Cos Peitos Desenchufados. A partir do 2008, algúns dos seus poemas comezan a circular pola rede e a aparecer publicados na revista Stína Tímarit um bókmenntir og listir. Na primavera do 2010, a Poetry Society de Reino Unido escólleo como un dos 3 poetas máis representativos da lírica actual islandesa, e aparece publicado na centésima edición da UK Poetry Review xunto con Sjón e Kári Tulinius[1]. En outubro do 2010 publica Sjóarinn með morgunhestana undir kjólnum aínda baixo pseudónimo na editorial Stella. Mais o 24 de novembro dese mesmo ano, a editorial fai pública a súa identidade[2] despois dunha excelente acollida da crítica.

Ten presentado poemas en inglés, castelán e italiano en diversos recitais e no XV Encuentro Internacional de Escritores de Monterrey, mais a súa obra nestas linguas é de momento inédita.

Paralelamente á creación literaria, Portela traduciu varias obras da literatura islandesa actual: as novelas Skugga-baldur de Sjón e Anxos do universo de Einar Már Gudmundsson, obras polas que os seus autores recibiron o Premio Literario do Concilio Nórdico en 2005 e 1995 respectivamente; ademais das chamadas "sagas de Vinlandia": Saga dos Groenlandeses e Saga de Erik o Roxo.

[editar] Obra

[editar] Poesía

  • Imaxes na pel, Morgante, 2008.
  • Cos peitos desenchufados, Edicións Barbantesa, 2010.
  • Sjóarinn með morgunhestana undir kjólnum, Stella, 2010 (versión galega O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido, Barbantesa, 2011).

[editar] Traducións

[editar] Premios

  • Segundo premio no XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores no 2011.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas