Juan Otero Eiravella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eiravella»)
Infotaula de personaJuan Otero Eiravella
Biografía
Nacemento6 de maio de 1934 Editar o valor em Wikidata
Portas, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 2019 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Ribadumia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , pintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Juan Otero García, nado en Portas o 6 de maio de 1934 e morto en Ribadumia o 17 de maio de 2019,[1] foi un escultor e pintor galego, coñecido co pseudónimo de Eiravella, que toma da súa aldea natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Por completo autodidacta, cultivou indistintamente a pintura e a escultura. Residiu algúns anos en Bélxica, concretamente en Malinas, onde deixou unha extensa obra. Viaxou por Europa.

Obra[editar | editar a fonte]

Eiravella[2] foi un pintor de liña inxenuista, que parece se inspira en vellos manuscritos e en ilustracións de libros piadosos. Quizais poida emparentárselle con Chagall, aínda que o anxélico das súas escenas imposibles, con seres que levitan ou que transitan o espazo, arquitecturas ingrávidas e transparentes, mundos soñados, son por completos persoais, de execución simple ou mellor, simplificada, a base dun debuxo elemental e dun cromatismo delicado. A escultura deste artista parte directamente do románico e aínda, das formas ibéricas. Liñas curvas, volumes rotundos, dozura nas expresións, deliberada desproporción dos canons, danlle unha personalidade inconfundible. Son magníficas as súas tallas directas, posto que posúe un gran dominio da artesanía, e ciceis e buxardas logran no granito texturas exquisitas. Igualmente as súas madeiras ou marfiles son criaturas dun mundo entrevisto.

Eiravella[3] talla a pedra como os devanceiros que traballaban ás ordes do mestre Mateo ou, seica mellor, como os que deixaron polos camiños de Galicia eses cruceiros e petos de ánimas onde están as máis fermosas raíces da alma galega eterna, imperecedoira. Os seus soles teñen rostro, son pícaros teñen cara de lúa e as súas escenas populares parecen arrincadas dunha panxoliña.

En 1961 a raíz da Exposición Mundial do Románico, nace a primeira obra do que será O Camiño de Santiago Luz de Estrelas[4] un traballo de máis de trescentas esculturas que ao longo de máis de 35 anos conforman este proxecto utilizando mandíbula de cachalote, materia guindada nos acantilados próximos ás factorías baleeiras.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L., J. (18 de maio de 2019). "El artista que dialogaba con el infinito". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de maio de 2019. 
  2. Eiravella. Afundación.
  3. "Eiravella, el encanto ingenuo", La Voz de Galicia, 18 de outubro de 2005 (en castelán).
  4. Aguilar, A. (2013): Chimán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]