EfB Ishockey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EfB Ishockey
Ishockey efb logo.png
Fundado en 1964
Sede Esbjerg,
Syddanmark
Dinamarca Dinamarca
Cancha Esbjerg Skøjtehal
(4.195 espectadores)
Cores Azul e branco e vermello
           
Liga Superisligaen
Campionatos 5
Adestrador Dinamarca Olaf Eller
Sitio Web http://www.efb.dk/

O EfB Ishockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Esbjerg, no oeste de Xutlandia (Dinamarca). Xoga os seus partidos no Granly Hockey Arena, que ten unha capacidade para 4195 espectadores. Actualmente compite na Superisligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo de Dinamarca, competición que gañou en cinco ocasións.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 4 de novembro de 1964 co nome de Esbjerg IK Oilers. Tan só cinco anos despois da súa fundación o club conseguíu o seu primeiro gran logro ao gañar o título de Liga en 1969, mais tardaría case vinte anos en conseguir o seu segundo título en 1988. Dende o 2004, ano no que o equipo consigue o seu último título ata a data, o club compie baixo o nome de E.I.K. (Esbjerg Ishockey Klub), mais debido aos problemas económicos do club, a súa licenza profesional foi transferida ao Esbjerg fB, un equipo dinamarqués de fútbol que compite na Superligaen, a máxima categoría do fútbol en Dinamarca. No 2005 foi renomeado como Esbjerg fB Ishockey.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]