Edward Vajda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edward Vajda é un lingüista especializado en lingüística comparativa e lingüística histórica que traballa na Western Washington University, no estado norteamericano de Washington.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou notoriedade por un seu traballo no que propón unha nova familia de linguas dené-ieniseianas, ao tentar estabelecer que a lingua ket de Siberia ten un antecesor lingüístico común coas linguas na-dené de América do Norte. Comezou a estudar o idioma ket nos anos 1990, logo da desaparición da Unión Soviética; entrevistouse con falantes de ket en Alemaña e, posteriormente, viaxou até Tomsk no sudoeste de Siberia para realizar recollida de datos en traballo de campo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [http://www.adn.com/front/story/334139.html Distant Native languages bridge Bering Sea: Siberian culture's words have echo in North America. 2008-03-04

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]