Edward Daly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward Daly

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Limerick Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (25 anos)
Kilmainham Gaol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteFerida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaArbour Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónCBS Sexton Street (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeÓglaigh na hÉireann Editar o valor em Wikidata
ConflitoAlzamento de Pascua Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Daly-961 Find a Grave: 4269 Editar o valor em Wikidata

Edward "Ned" Daly ou Éamonn Ó Dálaigh (en irlandés), nado o 28 de febreiro de 1891 en Limerick (Irlanda) e executado o 4 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham Gaol, foi comandante do Primeiro Batallón de Dublín durante o Alzamento de Pascua de 1916. Era o home máis novo con rango militar e un dos prisioneiros máis novos que foron executados tralo Alzamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ned Daly naceu en Limerick (Irlanda), era o irmán máis novo de Kathleen Clarke, esposa de Thomas J. Clarke, e membro activo da Irmandade Republicana Irlandesa. O seu tío foi John Daly, un importante feniano que tomou parte no Alzamento Feniano de 1867.

O batallón de Daly, con base en Four Courts e nas áreas ao Norte e Leste do centro de Dublín, participou na loita máis intensa da revolta. Daly rendeu o seu batallón o 29 de abril. No xuízo alegou que o único que facía era cumprir ordes, mais foi condenado a morte e fusilado o 4 de maio de 1916 en Kilmainham Gaol á idade de 25 anos.

Os homes do seu batallón afirmaron que era un bo comandante, unha opinión compartida tamén por un oficial británico capturado polo batallón de Daly.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]