Four Courts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada sur do edificio ao longo da ribeira do río Liffey.

Four Courts ou Na Ceithre Cúirteanna en (irlandés, é un edificio situado en Dublín (República de Irlanda), que é a sede do Tribunal Supremo de Irlanda, o Alto Tribunal de Irlanda, e o Tribunal Central Criminal de Irlanda. O edificio foi construído por James Gandon (tamén arquitecto da Custom House) mirando ao río Liffey entre 1796 e 1802.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVII Irlanda atopábase baixo dominio británico e sometida, polo tanto, á lei do reino, máis foi establecido un sistema paraledo de leis mesmo antes da independencia. Contra o ano 1775 moitos crían nunha revisión completa do sistema xurídico irlandés, e para apoiar esta decisión elixiuse a localización de Four Courts para converterse no asentamento do poder xudicial.

O primeiro arquitecto en comezar os traballos en 1776 foi Thomas Cooley, quen traballou principalmente na construción do tribunal oeste. Á morte de Cooley, en 1784, James Gandon retomou o tribunal oeste, engadíu tres cortes máis, un vestíbulo e a cúpula.

En 1916, os republicanos apoderáronse do edificio durante o Alzamento de Pascua.

En 1922, 120 anos despois da súa construción, durante a guerra civil irlandesa, Michael Collins (xefe das forzas pro-tratado) desaloxou aos rebeldes brutalmente. Con esta acción o edificio foi prácticamente destruído a causa dun bombardeo ordenado polo Goberno Británico contra os rebeldes contrarios ao Tratado Angloirlandés. Nese bombardeo, a Oficina do Rexistro Civil situada nun edificio contiguo ardeu con toda a súa documentación histórica e legal que se remontaba ao século XII.

Contra o 1932 restauráronse os edificios principais seguindo os planos orixinais de Gandon.

Descrición[editar | editar a fonte]

Sobre o pórtico de seis columnas corintias, érguese unha cúpula con lanterna, cuberta de cobre, coroada polas figuras de Moisés, a Xustiza, a Piedade, a Sabiduría e a Autoridade. o corpo central está flanqueado por dúas ás nas que se encontran os catro tribunais orixinais: Common Pleas, Chancery, Exchequer e King's Bench.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]