Eduardo Paredes Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 A Coruña, España |
Morte | 27 de abril de 1944 (71/72 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Eduardo Paredes Rodríguez, nado na Coruña cara a 1872 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1944, foi un sindicalista e político galego
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Detido o 26 de maio de 1891 a consecuencia da folga do 1º de maio, foi liberado en xuño. O 11 de novembro de 1892 leuse un traballo seu no acto de conmemoración dos mártires de Chicago organizado pola Federación Obrera da Coruña e colaborou no especial de El Corsario publicado pola data. En 1893 foi membro da mesa do mitin do 1º de maio da Federación Coruñesa. En outubro do ano seguinte foi nomeado integrante da comisión designada nun mitin dos canteiros folguistas da Coruña no Cico Coruñés, para ir entrevistarse cos canteiros portugueses. Presidente da Sociedade de xastres en dúas ocasións, foi presidente da comisión popular que erixiu o monumento ás vítimas dos sucesos de maio de 1901.[1] Foi directivo da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña” e presidente de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento en 1916.[2] Foi elixido concelleiro da Coruña como republicano en 1917.[3] Masón e membro do Centro Republicano da Coruña, participou no pacto de Lestrobe. Foi membro da comisión promotora do xornal Adelante que apareceu na Coruña en maio de 1930. Na República foi militante do Partido Republicano Radical Socialista. Foi administrador do Matadoiro Municipal da Coruña. Finou na Coruña o 27 de abril de 1944.[4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Clotilde García Taboada, que finou en 1925,[5] e foi pai de José, Marcelino, Florinda e Germán Paredes García.