Economía dos Estados Federados de Micronesia
| Economía dos Estados Federados de Micronesia | ||
|---|---|---|
| Moeda | Dólar americano | |
| Datos estatísticos Fonte:CIA | ||
| PIB | US$ 277 millóns (2002) | |
| PIB (posición) | 212ª no mundo | |
| % de crecemento PIB | 0,3% (2002) | |
| PIB per cápita | US$ 2300 (2002) | |
| PIB por sector | agricultura 28,9%, industria 15,2%, comercio e servizos 55,9% (2004) | |
| Inflación anual | 2,2% | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | Dato non disponíbel | |
| Total da forza de traballo | 37 410 | |
| % traballadores por sector | agricultura 0,9%, industria 34,4%, comercio e servizos 64,7% (2000) | |
| Desemprego | 22% (2000) | |
| Parcerías comerciais [2] | ||
| Exportacións (US$) | 14 millóns f.o.b. (2004) | |
| Principais mercados | Xapón, Estados Unidos, Guam (2006) | |
| Importacións (US$) | 132,7 millóns (2004) | |
| Principais parceiros | Estados Unidos, Xapón, Hong Kong (2006) | |
| Finanzas públicas [3] | ||
| Débeda externa | US$ 60,8 millóns (2005) | |
| Receitas (US$) | 127,3 millóns (2005) | |
| Despesas (US$) | 144,2 millóns (2005) | |
| Axuda económica recebida (US$) | 100 millóns (2002)[1] | |
A economía dos Estados Federados de Micronesia consiste principalmente na agricultura e pesca de subsistencia[1]. As illas teñen poucas minerías explotables, agás os fosfatos. Existe potencial para o turismo, pero a localización remota, a falta de instalacións adecuadas e as poucas liñas aéreas que serven o arquipélago dificultan o desenvolvemento[1]. Polos términos orixinais do Pacto de Libre Asociación, os Estados Unidos forneceron con 1,3 mil millóns de dólares en axuda durante o período 1986-2001, despois o nivel de axuda reduciuse[1]. As perspectivas de medio prazo da economía do país parecen fráxiles debido á redución da axuda dos EEUU e tamén debido á actual redución do crecemento do sector privado[1].
Os Estados Federados da Micronesia son un país que non posúe leis sobre patentes[2].