Dwayne Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dwayne Johnson en 2009

Dwayne Johnson, nado o 2 de maio de 1972, é un loitador profesional retirado e actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johnson xogou ó fútbol americano universitario, en 1991 formou parte do equipo dos campións da liga universitaria, os Miami Hurricanes. Posteriormente xogou cos Calgary Stampeders na Canadian Football League abandonándoa ós dous meses para pasar á loita profesional, como foran seu avó, Peter Maivia e seu pai Rocky Johnson e como seus curmáns, Solofa Fatu e Eddie Fatu .

Conseguíu fama na World Wrestling Entertainment (entón chamada World Wrestling Federation WWF) entre 1996 e 2004 como un dos membros do equipo Nation of Domination, utilizando os sobrenomes de Rocky Maivia primeiro e The Rock despois. En 1998 gañou o Campionato da WWF, converténdose nun dos máis populares wrestlers, gañou sete veces do campionato da WCF/E, dúas o Campionato Intercontinental da WWF, cinco o Campionato por equipos da WWF e dúas o World Championship Wrestling, tamén gañou o Royal Rumble de 2000. Desde o 2001, tras aparecer en The Mummy Returns centrou a súa carreira no cinema, con aparicións ocasionais na WWE, o seu primeiro papel protagonista foi en The Scorpion King e apareceu en filmes como The Rundown, Be Cool, Walking Tall, Gridiron Gang, The Game Plan, Get Smart e Race to Witch Mountain.