Duke Erikson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Duke Erikson

Nome completo Douglas Elwin Erikson
Alias
Naceu 15 de xaneiro de 1953 (60 anos)
Orixe Lyons, Nebraska Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) guitarra
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Garbage
Tempo en activo
Web

Douglas Elwin Erikson, nado en Nebraska o 15 de xaneiro de 1953, é o guitarrista da banda Garbage.

Traxectoria [editar]

Aos 16 anos formou a súa primeira banda, The British. Erikson estudou historia da arte, e pagou os seus estudos facendo numerosos traballos, como carpinteiro ou condutor de camións.

En 1979, a banda de Erikson, Spooner, na cal era o cantante e principal compositor, editou un EP con catro cancións que a converteu nunha das bandas máis populares da rexión. Dous álbums seguiron a ese EP, Every Corner Dance e Wildest Dreams, distribuído por todo o país. En 1987 Duke e Butch Vig, con Phil Davis como cantante, crearon a banda Firetown. Firetown publicou dous álbums e seis sinxelos nun moi curto período de tempo, á parte dun video para o sinxelo "Carry The Torch", pero separáronse en 1989.

Nese momento, o sinxelo de Spooner "Mean Old World" chegou ao número un en Madison, de onde proviña, o cal axudou a que a banda se unise outra vez. Un novo traballo, Fugitive Dance, apareceu seguido dunha xira, antes de que a banda se separase en 1993. Nese tempo Butch Vig xa se fixera un nome como produtor musical.

En 1994, Duke Erikson formou Garbage xunto a Shirley Manson, Butch Vig e Steve Marker.