Dino Spadetto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Spadetto
Información persoal
Nome Dino Spadetto
Nacemento 25 de xaneiro de 1950
Lugar de nacemento Caerano di San Marco
Altura 1,78 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
Montebelluna
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1965–1966 Montebelluna
1966–1969 Inter de Milán 5 (2)
1969–1970 Bari 17 (1)
1970–1973 Sampdoria 24 (6)
1979–1981 Acireale 57 (5)
Selección nacional
1969 Italia sub-21 3 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dino Spadetto, nado en Caerano di San Marco, Treviso, o 25 de xaneiro de 1950, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Montebelluna, fichando en 1966 polo Inter de Milán. Debutou co primeiro equipo aos 18 anos, o 27 de outubro de 1968, nunha goleada por 4-0 ante o Cagliari.[1] Con todo, só disputou cinco partidos co club negro e azul e na tempada 1969/70 foi cedido ao Bari, tamén da Serie A. Na seguinte tempada foi cedido á Sampdoria, nunha operación na que entraron tamén o galego Luis Suárez, traspasado ao club xenovés, e Mario Frustalupi, que pasou a ser xogador do Inter.[2]

A continuación pasou polo Parma na Serie B, polo Venezia na Serie C e polo Terranova na Serie D, onde conseguiu o ascenso á Serie C2 na tempada 1978/79.[3] Pechou a súa carreira despois de dúas tempadas no Acireale.

Disputou un total de 46 partidos na Serie A, na que marcou 9 goles, e 15 na Serie B.

Selección italiana sub-21[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección italiana sub-21, coa que disputou tres partidos e marcou un gol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Italy 1968/69". rsssf.com (en inglés). Consultado o 18 de abril de 2022. 
  2. "El Sampdoria, afirma haber ultimado el traspaso de Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1970. p. 14. 
  3. "Calcio" (en italiano). Consultado o 18 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]