Diego Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diego Gómez Pérez»)
Diego Gómez
Información persoal
Nome Diego Gómez Pérez
Nacemento 31 de xullo de 2004
Lugar de nacemento Ourense
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fabril
Número 8
Carreira xuvenil
–2017 Santa Teresita
2017–2019 Pabellón Ourense
2019–2023 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022– Fabril 35 (11)
2023– Deportivo da Coruña 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Diego Gómez Pérez, nado en Amoeiro o 31 de xullo de 2004, é un futbolista galego, que xoga como centrocampista no Fabril, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no se Amoeiro natal, sendo o seu primeiro equipo o Santa Teresita de Ourense.[1] Despois de dúas tempadas no Pabellón, en 2019 ingresou na canteira do Deportivo da Coruña.[1] Militou un ano no equipo cadete do club, antes de pasar ao conxunto xuvenil, co que se proclamou campión da División de Honra na campaña da súa estrea.[2] Na 2021/22 disputou a Liga Xuvenil da UEFA e participou no histórico partido da Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv que congregou a máis de 20.000 seareiros no estadio de Riazor. Na quenda de penaltis anotou o seu lanzamento ao estilo "Panenka", pero o equipo de Manuel Pablo caeu eliminado.[3]

En xaneiro de 2022 debutou co Fabril na Terceira División, nun encontro ante o Noia, e na tempada seguinte xogou xa de xeito habitual co filial, disputando 27 partidos e contribuíndo con 6 goles á consecución do título de Terceira e ao ascenso do equipo á Segunda División RFEF.[2]

O 23 de setembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña na Primeira División RFEF, da man do adestrador Imanol Idiakez, na quinta xornada da tempada ante o Cornellà en Riazor.[2] Saltou ao terreo de xogo nos minutos finais, como substituto de Diego Villares, nun partido que rematou 1-1.[4] Só 14 horas despois, xogou como titular co Fabril ante a Arandina e marcou dous dos tres goles do seu equipo, que venceu por 3-2.[5] Anotou dous goles máis nos tres seguintes partidos co Fabril, ata que fracturou o peroné nun encontro ante a Gimnástica de Torrelavega, precisando dunha operación cirúrxica.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fabril

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Antelo, Iván (15 de xaneiro de 2022). "Así es Diego Gómez: la zurda que guía a la nueva generación del Dépor juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "El ourensano Diego Gómez debutó con el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de setembro de 2023. Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  3. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 16 de setembro de 2023. 
  4. Lema, Jorge (24 de setembro de 2023). "Diego Gómez, la perla que viene: debut con el Depor, doblete en el Fabril". As (en castelán). Consultado o 26 de setembro de 2023. 
  5. Losada, Víctor (25 de setembro de 2023). "El inolvidable fin de semana de Diego Gómez: Debut con el Dépor y doblete con el Fabril" (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2023. 
  6. "Diego Gómez, baja tras operarse por una fractura en el peroné" (en castelán). 7 de novembro de 2023. Consultado o 9 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]