Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Dicionário Onomástico Etimológico da Língua Portuguesa (sen "Onomástico" na cuarta edición de 1987) é a meirande obra descriptiva da onomástica da lingua portuguesa. Foi escrita polo filósofo e arabista José Pedro Machado, sendo publicada a súa primeira edición en 1981. A súa última edición, que data de 2003, divídese en tres volumes que suman 1503 páginas, sendo impresa en Lisboa pola editorial "Livros Horizonte".