Diamantes de sangue
- Para ver o filme, véxase Blood Diamond.
Diamantes de sangue (ou Diamantes de guerra) son aqueles diamantes obtidos nunha zona de guerra, mediante o uso de escravos ou persoas en réxime de semi-escravitude. Usualmente asócianse cos que financiaban os conflitos que tiveron lugar a mediados dos anos 90 e a comezos da primeira década do terceiro milenio en África Occidental.
Nalgúns casos, as Nacións Unidas sancionaron a exportación destes diamantes, argumentando que financian exércitos enfrontados a gobernos legais ou ben involucrados en graves violacións dos Dereitos humanos prolongando desta forma os conflitos. En concreto, sinalábase á UNITA de Angola e ó Revolutionary United Front de Serra Leoa como proveedores de diamantes de guerra. Nestes casos, usualmente son vendidos no mercado negro.
[editar] Filmografía
- En 2006 estreouse o filme Blood Diamond, no cal faise un relato sobre o xeito no que as grandes multinacionais explotadoras de diamantes os adquiren no mercado ilegal e como manipulan o mercado legal e os seus prezos.
- A canle History Channel difundiu un documental chamado Diamantes de sangue, sobre o negocio dos Diamantes de Conflicto e como lograron erradicar isto nos países de América.