Dexter
| Dexter | |
|---|---|
Logo de "Dexter" |
|
| Formato | Thriller Policíaco Drama |
| Creado por | James Manos Jr. |
| Intérpretes | Michael C. Hall Julie Benz Jennifer Carpenter Jaime Murray Erik King Lauren Vélez David Zayas |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 72 |
| Produción | |
| Duración | 50' aprox. |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Showtime |
| Ligazóns externas | |
| [Dexter Páxina web] | |
Dexter é unha serie da canle estadounidense Showtime basada na novela Darkly Dreaming Dexter de Jeff Lindsay. Aínda que actualmente hai publicadas tres novelas do personaxe (Dearly Devoted Dexter e Dexter in the Dark son as seguintes), a serie baséase só na primera e nalgúns puntos da segunda.
Índice |
Argumento [editar]
Dexter é un forense especializado no sangue do Departamento de Policía de Miami. Tamén é un fiel mozo, un divertido padrastro, un irmán confidente e un friki do sangue para algúns; pero todo isto non son máis que papeis que, voluntariamente ou non, desempeña de cara a unha sociedade que non o aceptaría: Dexter é, e el sábeo, un monstro, un psicópata, un corpo sen alma, frío, calculador; un asasino en serie. Ou non. El goza con iso. Como a el lle gusta dicir é, simplemente, Dexter.
Unha vez coñecemos a Dexter, descubrimos que non hai nada que o inmute, que perturbe os seus soños, xa que nin sequera os ten; nin sequera ningún sentimento que non é capaz de posuír: nin o amor cara á súa moza ou á irmá, nin os atroces crimes aos que acode no seu traballo, nin as súas vítimas. Dexter está baleiro e o único que algunha vez lle causou pracer é a caza, o que ninguén sabe agás o seu pai, o único a quen lle puido confiar o seu segredo desde a súa infancia. Pero Dexter non é un asasino en serie común, xa que se ben comparte motivacións (o pracer da caza), grazas ao seu pai adoptivo posúe uns principios sólidos, cuestionables ou non, pero que como adoitaba dicir aquel, Harry Morgan, policía, o manteñen vivo.
Elenco [editar]
- Michael C. Hall como Dexter Morgan
- Julie Benz como Rita Bennett
- Jennifer Carpenter como Deborah Morgan
- Erik King como sarxento James Doakes
- Lauren Vélez como a tenente Maria LaGuerta
- David Zayas como Angelo "Angel" Batista
- James Remar como Harry Morgan
- C.S. Lee como Vincent "Vince" Masuka