Detlef Kappeler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDetlef Kappeler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Szczecin, Polonia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , pintor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Hanover (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Detlef Kappeler, nado en Szczecin en 1938, é un arquitecto, catedrático e pintor alemán. O seu traballo artístico fai del un representante contemporáneo do expresionismo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Detlef Kappeler naceu na cidade de Stettin, en Mecklemburgo-Pomerania Occidental en Alemaña en 1938. En 1945, durante a segunda guerra mundial a súa familia deixou a cidade fuxindo da ofensiva bélica, trasladándose a Schwerin para pasar, pouco tempo despois, ao campo de refuxiados de Schleswig - Holstein onde permanecería dous anos, tras os cales chegarían, finalmente, a Hamburgo. Esta experiencia influíu en toda a traxectoria artística de Kappeler.[2]

En 1953, Kappeler comeza os seus estudos de Arquitectura na Universidade de Hannover, que finaliza en 1965.[3][3] Nesta etapa, vese influenciado polo Pop Art, creando con iso algo diferente que definiría o que sería como artista nestes anos.[4] No ano 1966, obtén o  premio da arte para arquitectura e pintura do Estado de Baixa Saxonia e comeza os seus estudos de Arte e Pintura na Escola Superior de Belas Artes de Hamburgo. En 1972 e 1973 concédenselle dúas bolsas: a primeira para unha estadía na Citén internationale das arts en París eoa Premio de Lichtwark, da cidade de Hamburgo.[5]

En 1974, Kappeler é nomeado catedrático de Pintura e Gráfica na Universidade de Hannover.[6] Ademais da docencia, é partícipe activo en círculos políticos onde se discuten temas como o rearmamento militar, a enerxía nuclear ou a ecoloxía. Produce ciclos de pinturas relacionados como "Projekt Nordholz" e "Eismeerzyklos". Máis tarde, Kappeler centrará as súas obras en persoas que, polas súas posturas democráticas en canto a dereitos humanos e liberdade de expresión, foron vítimas da inxustiza. Nacen, así, ciclos referidos a Theodor Lessing e Carl von Ossietzky.

Trala exposición Auf der Suche na Sala Gaspar de Barcelona en 1994, Detlef Kappeler establece o seu taller nesta cidade e segue parte dos seus traballos desde alí. Coa súa obra pictórica, en especial coas súas “Plásticas para o Espazo,” reacciona a correntes posmodernas da mesma maneira que a ideas deconstrutivistas. É aquí onde se realizan ciclos como “Raum” ou “Transparencias.” Así mesmo, o cambio que se produce cando deixa a súa cátedra e percibe a súa potencial mobilidade espacial e persoal, pivotando finalmente entre a súa propiedade no Mar do Norte en Alemaña e a Ciutat Vella en Barcelona e, máis tarde, a costa galega, fan de motor para impulsar a creación nesta que para outros críticos é vista como unha nova etapa da súa vida tamén como artista.[7] Usándose da abstracción e redución ou simplificación, do mesmo xeito que de efectos máis lixeiros de estrutura e cor nas súas composicións, fai delas creacións dunha calidade aumentada.[7]

Actualmente vive e traballa en Chorente, Muxía (A Coruña) e centra os seus traballos en preguntas sobre o sentido da existencia.[2]

Antón Castro, escribiría para o catálogo da exposición El fin del camino (2010): “A súa obra emblematiza un sentimento agónico da vida, talvez a imaxe singular do romanticismo mariño”.[8] Así mesmo, Castro recoñece nas súas obras a influencia pollockiana pero, máis notablemente, do expresionismo alemán[9].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ronte. Detlef Kappler. Costa da Morte. (en alemán). Postdam: Isensee Oldenburg. 
  2. 2,0 2,1 País, Ediciones El (2010-02-13). "Reportaje | Un suevo en A Costa da Morte". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-04-24. 
  3. 3,0 3,1 Ronte. Detlef Kappeler : Transparenzen (en alemán). Oldenburg: Isensee. ISBN 3895987883. 
  4. "Detlef Kappeler – Costa da morte". 
  5. "Abteilung Malerei und Grafik :: Kappeler :: Lebenslauf". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2007. Consultado o 2019-05-12. 
  6. "Ausstellung im Stadtmuseum und Horst-Janssen-Museum Oldenburg - Detlef Kappeler". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2016. Consultado o 2019-04-25. 
  7. 7,0 7,1 Schepers, H. y Girald-Miracle, D. Auf der Suche: Ems: Sala Gaspar, Barcelona; Galerie Tammen Busch, Berlin; Künstlerhaus Göttingen, Göttingen. Arbeiten 1992-1994. (en alemán). Kunstverein Lingenn. 
  8. "Kappeler, el pintor de las contradicciones". Consultado o 2019-05-10. 
  9. Castro. Detlef Kappeler. En el fin del camino. Vigo: Fundación Caixanova.