Derrick Ashong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Derrick Ashong
Nacemento Derrick N. Ashong
1975
Accra, Ghana Ghana
Outros nome(s) DNA
Profesión Actor e músico
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Derrick N. Ashong, tamén coñecido como "DNA", nado en 1975 na cidade de Accra, é un músico, actor, artista e activista ghanés.

Comezos[editar | editar a fonte]

Fillo dun pediatra, Ashong acudiu a escolas de Arabia Saudí, Qatar e Nova Jersey antes de ingresar na Universidade de Harvard en 1997, onde estudou Estudos Afroamericanos. Posteriormente, volveu a Harvard e actualmente está facendo un doutorado en etnomusicoloxía e estudos afroamericanos. Tamén foi membro fundador da Harvard Black Alumni Society.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A carreira musical de Ashong comezou mentres estaba en Harvard. Produciu un musical titulado Songs We Can't Sing, polo que acadou varios premios e despois formou unha banda de música chamada "Black Rose". A banda despois pasou a ser coñecida como "Soulfège". Ashong ten traballado con artistas recoñecidos como Debbie Allen, Janet Jackson e Bobby McFerrin.

En 1997 Ashong participou no filme Amistad producido por Steven Spielberg, no que interpretou o papel de Buakei.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]