Denominación de Orixe Cangas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
D.O. Cangas
Adegas
6
Superficie
31 ha
Viticultores
44
Produción
776 hl
Páxina web
www.docagas.es
Enderezo
Centro de Empresas de Obanca
33800 Cangas del Narcea.

A Denominación de Orixe Cangas é unha zona con denominación de orixe protexida para o viño de calidade que se colleita nos concellos de Cangas del Narcea, Degaña, Allande, Grandas de Salime, Eilao, Pezós, Ibias e máis as parroquias de Arganza, Merías, Ponte, El Rodical, Santianes, Souto, Surriba, Tuña e Xinestaza do concello de Tinéu[1] nun territorio que se localiza no occidente de Asturias. Regulamentouse en 2001 como Viño da Terra e acadou a condición de Viño de Calidade en 2009. Inclúe tanto viños brancos coma tintos[2].

Variedades de uvas[editar | editar a fonte]

As variedades de uva recomendadas son: Albariño, albilla, garnacha tintureira, mencía, picapoll e verdello tinto mentres que as variedades autorizadas tamén inclúen o albaríño tinto, carraquín, godello, gewürztraminer, merlot, moscatel de bago miúdo, pinot noir e syrah.

Notas[editar | editar a fonte]