Mencía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de acios de uva Mencía nunha viña da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, no municipio de Sober.

Mencía é o nome dunha variedade ou casta de uva tinta introducida e cultivada principalmente no noroeste da Península Ibérica desde a época da Antiga Roma. Tras recuperarse do desastre da epidemia de filoxera de finais do século XIX, que causou unha grave crise económica nas súas áreas tradicionais de cultivo, emprégase para a elaboración de viños recendentes e afrutados, de intensa cor, e con posibilidades de crianza.

Descrición[editar | editar a fonte]

A variedade produce acios pequenos e compactos. Os zumes ou mostos son vermello granate e de sabor neutro, cun elevado contido en azucres, pero de baixa acidez, especialmente nos resultantes de froitos de maior maduración. Os tintos elaborados con uva mencía, salientan pola súa capacidade de envellecemento, cun padal aveludado característico, sen descoidar as óptimas condicións desta variedade na elaboración de tintos mozos. Os rosados son recendentes e afrutados, vivos, lixeiros e suaves.

Areas de cultivo[editar | editar a fonte]

Segundo a Orde APA/1819/2007, pola que se actualiza o anexo V, clasificación das variedades de vide, do Real Decreto 1472/2000, de 4 de agosto, polo que se regula o potencial de produción vitícola, mencía considérase variedade recomendada para as Comunidades autónomas de Asturias, Castela e León e Galicia, estando recomendada en Cantabria e Castela A Mancha. A súa distribución localízase principalmente no Bierzo, así como en áreas do sueste de Galicia, onde se céntra nas denominacións de orixe de Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. Nos terreos de Ribeira Sacra é cultivada en bancada, moitas delas establecidas durante a época romana. Tamén se cultiva en parcelas do norte de Portugal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]