Demodex canis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Demodex canis é unha especie de ácaros que vive predominantemente sobre os cans domésticos, pero que pode infestar ocasionalmente aos humanos. Na maioría das infestacións no can os ácaros actúan como comensais inofensivos e subclínicos, pero poden ás veces orixinar unha condición chamada sarna por Demodex.

Debido a que o hábitat dos ácaros é profundo da derme da pel, a transmisión ocorre xeralmente só por medio dun contacto prolongado directo, como a transmisión desde a cadela aos cadelos fillos durante a lactación. Como resultado, os sitios máis comúns para a aparición inicial das lesións demodicódicas son a faciana, fociño, membros anteriores e rexións periorbitais. A demodicose en cans pode manifestarse en forma de lesiós de dous tipos: escamosas, que causan alopecia seca e engrosamento da pel, e pustular, que é a forma máis grave, causando infeccións secundarias (xeralmente por Staphylococcus) que dan lugar ás características pústulas vermellas numerosas e engurras da pel.

A escalada desde unha infestación de tipo comensal de D. canis a outra que requira atención veterinaria xeralmente implica complexos factores inmunes. A demodicose pode aparecer despois de situacións ou tratamentos inmunosupresores ou pode estar relacionada cunha deficiencia xenética. Isto é complicado porque se cre que Demodex suprime a resposta normal dos linfocitos T. Ademais, certas razas de cans, como os dálmatas, o buldog americano e o pit buill terrier americano, parecen ser máis susceptibles.[1]

Aínda que o tratmento directo dos casos graves pode facese por administración oral de ivermectina ao 1% en razas tolerantes á ivermectina (a dose xeral é 0,3–0,6 mg/kg, oral, unha soa vez, ata 2 raspados da pel negativos separados 1 mes),[2] outras razas poden ser tratadas con éxito aplicándolles os fármacos antiparasitarios amitraz na pel, xunto cunha mellora da nutrición e tratar nas posibles enfermidades supresoras do sistema inmnitario. Entre as preparacións comerciais eficaces están: fipronil, amitraz, e (S)-methoprene.[3] As infeccións bacterianas asociadas coa demodicose pustular poden requirir o tratamento con antibióticos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Urquhart, G. M. (1996). Veterinary Parasitology (2nd ed.). Blackwell Publishing. ISBN 0-632-04051-3. 
  2. "Antiparasitics for Integumentary Disease". The Merck Veterinary Manual. September 2014. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2018. 
  3. Fourie, J.; Dumont, P.; Halos, L.; Beugnet, F.; Pollmeier, M. (21 November 2013). "Efficacy of a topical application of Certifect(®) (fipronil 6.26% w/v, amitraz 7.48% w/v, (S)-methoprene 5.63% w/v) for the treatment of canine generalized demodicosis". Parasite 20: 46. PMID 24256940. doi:10.1051/parasite/2013046.