Deep Thought

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deep Thought é un ordenador, primeiro nunha serie de ordenadores de xadrez que inclúe o Deep Blue, o ordenador que derrotou a Garry Kasparov nun torneo de seis partidas.

Historia[editar | editar a fonte]

Feng-hsiung Hsu e Thomas Anantharamen desenvolveron en 1985 o Chiptest. En 1988 a nova versión pasou a denominarse Deep Thought, collido do ordenador de ficción que aparece en The Hitchhiker's Guide to the Galaxy de Douglas Adams. Deep Thught pode ler 720.000 posibles movementos por segundo. En 1989 gañou o Campionato mundial de Ordenadores de Xadrez, nese ano Hsu asinou un contrato con IBM. En 1990 enfrontouse nun minitorneo de dúas partidas con Garry Kasparov, que venceu ao ordenador sen ningún problema.

En 1991 pasou a denominarse Deep Thought II, capaz de ler 7 000 000 de posicións por segundo e en 1993 transformouse en Deep Blue