De Revolutionibus Orbium Coelestium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

De Revolutionibus Orbium Coelestium
Autor/aNicolao Copérnico
OrixeDucado do Palatinado-Neuburgo
Lingualingua latina
Xénero(s)tratado
Data de pub.1543
EditorJohannes Petreius
editar datos en Wikidata ]
Primeira páxina de De Revolutionibus Orbium Coelestium.

De Revolutionibus Orbium Coelestium (Sobre o movemento das esferas celestiais)[1] é unha obra de Nicolao Copérnico, escrita entre 1506 e 1530, aínda que non o publicou ata o ano da súa morte en 1543. El cría que o sistema Ptoloméico era demasiado complicado, e quería propoñer unha explicación máis simple e correcta.

Dedicada ao papa Paulo III, está dividida en seis volumes:

  • O primeiro volume contén unha visión xeral da teoría heliocéntrica, e unha curta explicación das súas ideas do universo.
  • O segundo volume é teórico e fala dos principios da astronomía esférica. Tamén contén unha lista de estrelas (para dar unha base aos argumentos que se desenvolven nos seguintes volumes).
  • O terceiro volume fala principalmente dos movementos do sol e do relacionado con iso.
  • O cuarto volume contén descricións similares da lúa e dos seus movementos orbitais.
  • Os quinto e o sexto volumes conteñen unha explicación do novo sistema.
Sistema copernicano.

De Revolutionibus comeza cun prólogo anónimo no que se explica que o sistema proposto constitúe unha hipótese matemática para explicar mellor o movemento dos planetas e outros corpos celestes e que non se traduce forzosamente nunha realidade. Johannes Kepler mostrou que dito prólogo fora engadido polo filósofo luterano Osiander. O principal obxectivo do prólogo parecía ser suavizar as controversias relixiosas que o cambio dun sistema xeocéntrico a un sistema heliocéntrico podía causar. O libro causou unha controversia moderada na súa publicación. Con todo en 1546 un sacerdote dominicano Giovanni Maria Tolosani, escribiu un tratado denunciando a teoría copernicana e defendendo a verdade absoluta das escrituras.

En 1616 o cardeal Bellamine ordenou a Galileo Galilei en nome do papa que tomase como posición que o sistema era tan só unha construción matemática sen constituír unha realidade física. Logo disto, De Revolutionibus foi posto no Índice de libros prohíbidos da Igrexa católica. Permitíronse algunhas edicións corrixidas nas cales se explicaba que a teoría heliocéntrica non tiña que ver en realidade coa descrición da realidade. Devanditas edicións foron preparadas en 1620 pero nunca foron impresas en gran número. O libro orixinal permaneceu no Índice ata o ano 1835.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O libro que ninguén puido ler: sobre a revolución dos orbes celestes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]