David Batista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BatistaFA.jpg
Batista with World Heavyweight Championship.jpg

David Michael Bautista, Jr., máis coñecido como David Batista ou polo seu nome no ring, Batista, nado en Virxinia o 18 de xaneiro de 1969, é un loitador norteamericano de raíces grecofilipinas. Batista é un loitador xeralmente louvado polo seu estilo de loita.

Spec Corpo[editar | editar a fonte]

  • 193 centímetros de altura
  • Peso 130 kg
  • Sangue Tipo B
  • Axencias (2012/02/02)

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Principio da súa carreira[editar | editar a fonte]

A carreira de Batista comenzou cando coñeceu a Mr Perfect e a Road Warrior Animal nun congreso de fisicoculturismo. Batista intentou entrar na WCW, pero dixéronlle que endexamais triunfaría na loita libre. Probou sorte entón na World Wrestling Federation, onde o enviaron a traballar con Afa Anoai. Loitou na marca de Anoai, a WXW, baixo o nome de Kahn.

Debutou na Ohio Valley Wrestling (OVW) no 2000, unindo as súas forzas con Synn. Durante o tempo que estivo na OVW usou o nome de Leviathan. Como membro dos Discípulos de Synn mantívose como gañador ata que foi vencido pola superestrela da OVW, Christmas Chaos, que non é outro que a actual superestrela da WWE Kane. Máis tarde, Batista gañaría o título de Peso Completo da OVW contra The Machine. Tras perder o campionato con The Prototype, Synn creu que Batista estaba a se volver demasiado independente e vendeuno ó Reverendo D-Von, sendo este o seu paso á WWE World Wrestling Federation.

Carreira na WWE[editar | editar a fonte]

David Batista comenzou a súa carreira na WWE no episodio de SmackDown! do 9 de maio de 2002. Presentouse baixo o nome de Deacon Bautista, como colaborador de Reverendo D-Von. O seu primeiro combate foi por parellas, e xunto a D-Von venceu o duelo de Randy Orton e Faarooq, usando o seu golpe Spinebuster. Finalmente acabou separándose de D-Von, e volveu a 'Raw', cambiando o seu nome polo que é coñecido actualmente.

Despois de acadar unha reputación de "monstro" a través de combates nos que esmagou a outros loitadores, incluíndo un no que atacou maliciosamente a Tajiri, enviándoo ao hospital, Batista uniuse a Ric Flair no feudo que este tiña contra Kane. O debut de Batista nun PPV foi en Armageddon 2002, en Fort Lauderdale, Florida, onde venceu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artigo fonte da wikipedia castelá [1]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]