Dasypsyllus gallinulae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dasypsyllus gallinulae

Macho de D. gallinulae
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Siphonaptera
Familia: Ceratophyllidae
Xénero: Dasypsyllus
Especie: D. gallinulae
Nome binomial
Dasypsyllus gallinulae
(Dale, 1878)

Dasypsyllus gallinulae[1] é unha especie de pulga parasita das aves orixinaria de Suramérica, aínda que agora está espallada por todo o mundo. É unha pulga grande, doadamente identificable porque o macho ten dúas espiñas con forma de corno pesadas nunha das súas solapas xenitais, e a femia ten unha embocadura profunda no sétimo esternito.[2]

Encóntrase nos niños de aves, pero é máis probable atopala no corpo da ave que, por exemplo, a pulga das galiñas Ceratophyllus gallinae, que normalmente se encontra nos niños. Entre os moitos hóspedes de D, gallinae están a galiña de río (Gallinula chloropus), a arcea (Scolopax rusticola), os tetraoninos, o paporroibo (Erithacus rubecula), a estreliña do norte (Regulus regulus), o párido Poecile montanus, e o gabeador Certhia familiaris.[2]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.