Daron Malakian
| Daron Malakian | |
|---|---|
| Nome completo | |
| Alias | |
| Naceu | 18 de xuño de 1975 |
| Orixe | Os Ánxeles, California |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | |
| Xénero | |
| Instrumento(s) | guitarra, voz |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | System of a Down |
| Tempo en activo | |
| Web | |
Daron Malakian nace o 18 de xuño de 1975 n’Os Ánxeles, California; é guitarrista e segunda voz da banda System of a Down, na que compón a maioría das cancións. Malakian, de ascendencia armenia, foi á escola Rose & Alex Pilibos en Hollywood e alí coñece a Serj Tankian e Shavo Odadjian (baixista da banda). Vai á Roosevelt Middle School e Glendale High School.
Co-produce os álbums de System of a Down con Rick Rubin e á vez producen The Ambulance And Band Ácid Trip (unha banda baixo o selo de Serj Tankian, Serjical Strike Records). Nunca lle gustou falar da súa vida privada.
Malakian é quen compón melodicamente case todas as cancións do grupo, a letra adóitaa escribir o vocalista, Serj Tankian. O pai de Daron, Vartan Malakian, fai todos os traballos artísticos do grupo, sobre todo nos dous últimos álbums, é dicir "Mezmerize" e "Hypnotize".
Vive en Glendale, California, non está casado e gústalle coleccionar artigos como esqueletos, velas e persianas. foi elixido como o cuarto mellor guitarrista do ano na Metal Edge Magazine.
Ten dous álbums extra sen a banda.
Utiliza unha guitarra Ibanez comunmente con traballos artísticos de Vartan Malakian, amplificador Marshal e cordas Ernie ball, aínda que se lle viu en concertos cunha Gibson SG.
[editar] Curiosidades
- A súa guitarra favorita é unha Ibanez Iceman IC300, que el encomendou, mais tamén adora a súa 1966 Gibson ES-335;
- De neno acostumaba a ter soños nos que os seus pais tomaban té con Ozzy Osbourne;
- Identifícase con Charles Manson, Gandhi e Madonna;
- Gústanlle bandas como Motörhead, Iron Maiden, The Kinks e escoitaba Cannibal Corpse e Metallica cando era adolescente;
- Gustáballe o batería Keith Moon e quería tornarse batería, mais os seus pais non lle podían mercar unha batería, entón se divertía tocando Def Leppard en potes e tixolas, mentres aprendía a tocar a guitarra;
- Non lle gusta o Nu Metal, pero lle guntan algunhas cancións de P.O.D.;
- Di que o Rock o salvou de ser un idiota;
- Acostumaba tomar moitos calmantes, pero agora prefire meditar...;
- Gústanlle os Beatles (os coches, non a banda);
- Naceu n’Os Ánxeles, pero os seus pais naceron en Armenia, e aínda vive na mesma casa dende os 11 anos de idade;
- Fixo un poema chamado Victms Of A Down, dando o nome á banda, en homenaxe ó Xenocidio armenio;
- Gústalle o hóckey, tendo a súa propia camiseta, na que pon MALAKIAN #13, que pode ser vista no videoclip de Toxicity;
- As súas dúas cancións favoritas son "Sailing" de Christopher Cross e "Sultans of swing" de Dire Straits;
- Acostumaba tocar a guitarra de 7 a 10 horas por día até tocarse e dicir: “Eu teño que comer algo!”;
- Os seus pais tamén son artistas;
- O seu instrumento favorito é a batería.
|
||||||||||||||