Darkside (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darkside
OrixeProvidence, Estados Unidos
Período2011 - actualmente
Xénero(s)psych rock, indie rock, downtempo
Selo(s) discográfico(s)GEL, a través do selo Continental CBS Argentina RCA Eldorado Discoberta
MembrosDave Harrington, Nicolás Jaar, Tlacael Esparza
Na rede
[1]
Facebook: DarksideUSA Twitter: DarksideUSA Bandcamp: darksideSouncloud: daftside-2 Spotify: 2933wDUojoQmvqSdTAE5NB Musicbrainz: 116b79ab-b049-4299-8fd8-17ac8a18b7f3 Songkick: 7345119 Discogs: 2522005 Allmusic: mn0002837934 Deezer: 62604 Editar o valor em Wikidata

Darkside, a miúdo estilizada como DARSKSIDE, é unha banda estadounidense da tendencia do indie rock-psych rock e downtempo, creada como o proxecto do dúo de músicos profesionais Dave Harrington e o músico electrónico chileno Nicolás Jaar. En directo e como colaborador habitual nas gravacións contan co batería Tlacael Esparza. [1]

Fundada en 2011, cando Nicolás Jaar estaba xirando por Europa co seu proxecto individual “Space is only noise” acompañado dos seus amigos Dave Harrington e Will Epstein. Nos concertos de Berlín Dave e Nicolás comezaron as gravacións do que sería o primeiro EP de Darkside, homónimo, na súa habitación de hotel, o EP foi publicado ese ano baixo o selo creado polo propio Nicolás e Nikita Quasim, Clown and Sunset. O EP foi reseñado por Pitchfork Media os cales categorizábano como electrónica bluseira. [2] O 20 de xuño de 2013 suben a Soundcloud, baixo o alcume Daftside, unha serie de remixes do álbum completo Random Access Memories de Daft Punk. En 2013 publican o disco Psychic, no 2020 Spiral, ambos co selo Matador Records, nesta nova etapa a banda pivota a un son de guitarra do rock independente e voces e arranxos propios do downbeat.

Posta en escena de Darkside nun concerto en Matosinhos, ano 2023.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums e EP[editar | editar a fonte]

  • 2011- Darkside EP (Clown and Sunset)
  • 2013- Psychic (Other People, Matador)
  • 2020- PSYCHIC LIVE JULY 17 2014 (Other People, álbum de concertos en directo)
  • 2021- Spiral (Matador)
  • 2023- Live at Spiral House (Matador)

Remixes[editar | editar a fonte]

  • Daft Punk – "Random Access Memories Memories" (2013) (Publicado co nome de banda Daftside)
  • St. Vincent – "Digital Witness" (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Live at Spiral House". 09 de xuño 2023. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  2. "Darkside - Darkside EP". 098 de decembro 2011. Consultado o 23 de decembro de 2023. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



123456789