Daniel Cudmore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Cudmore
Daniel Cudmore.png
Daniel Cudmore no 2006
Nacemento Daniel Cudmore
20 de xaneiro de 1981 (33 anos)
Squamish, Columbia Británica, Flag of Canada.svg Canadá
Profesión actor (2003- presente)
Ficha na IMDb

Daniel Cudmore, nado o 20 de xaneiro de 1981 en Squamish, Columbia Británica, é un actor canadense recoñecido pola súa intervención como o mutante "Coloso" nos filmes X2 e X-Men: The Last Stand baseados nos X-Men.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cudmore é o mediano de tres irmáns. A súa nai Sue Bailey traballa para o British Columbia Film Commission[1], e seu pai Richard Cudmore é doutor.

Asistiu á Universidade Gannon e foi membro do equipo de fútbol dende o ano 2000 até o 2002. É un ex-fronte do "Capilano Rugby Football Club" en Vancouver.[1] O seu irmán maior Jamie Cudmore é un membro do equipo canadense de Rugby.[2] O seu irmán máis novo, Lucas, tamén xoga no Capilano RFC. [3]

Tamén fixo a proba para o reparto de Superman Returns [4].

Nos últimos anos participou como o Gardián Volturi, Félix no filme New Moon baseado na novela homónima.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
2003 X2 Peter Rasputin/Colossus
2002 Stargate SG-1 Jaffa Serie de televisión. Episodio: "Homecoming"
2004 A Very Cool Christmas Home no ximnasio Filme de televisión
2005 Are We There Yet? Xogador de baloncesto
2005 Alone in the Dark Axente Barr
2006 X-Men: The Last Stand Peter Rasputin/Colossus
2009 New Moon Félix
2009 Revolution Bito Telefilme
2010 Icarus Hit Man #2
2010 Merlin and the Book of Beasts Dragon Knight Telefilme
2010 The Twilight Saga: Eclipse Felix
2010 A Night for Dying Tigers Dave
2010 Percy Jackson and the Olympians: The Lightning Thief Manticore Cameo
2011 Rites of Passage Moose
2011 To the Mat Jordy Telefilme
2011 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1 Felix
2012 The Baytown Outlaws Lincoln Oodie
2012 The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2 Felix
2012 Halo 4: Forward Unto Dawn Master Chief Petty Officer John-117
2013 Halo 5 Master Chief Petty Officer John-117
2013 Percy Jackson: Sea of Monsters Manticore
2014 X-Men: Days of Future Past Peter Rasputin/Colossus
2015 Percy Jackson: The Titan's Curse Manticore

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]