Dandong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°07′N 124°23′E / 40.117°N 124.383°E / 40.117; 124.383

Dandong, Liaoning Province.jpg

Dandong (丹东, en chinés. Coñecida como Adang ata 1965) é unha cidade da provincia de Liaoning. Situada na fronteira entre China e Corea do Norte, marcada polo río Yalu. No ano 2004 residían 604.600 persoas na cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai constancia de asentamentos na rexión dende a dinastía Zhou, en 1876 créase o condado de Adang. Xapón ocúpaa en 1894 durante a Guerra Chino-Xaponesa. Durante o Manchukuo a cidade foi capital da provincia de Adang. Adoptou o nome actual o 20 de xaneiro de 1965.