Dagbladet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edificio onde se localiza a sede do xornal

Dagbladet é un xornal de Noruega fundado en 1869 en Oslo que se publica na variedade bokmål do noruegués. O seu editor en xefe é John Arne Markussen. Edítase en formato tabloide desde 1983. Dagbladet é tradicionalmente o terceiro xornal noruegués por circulación tras a edición matutina do Aftenposten e o Verdens Gang, competindo directamente con este último. Foi o primeiro xornal nacional noruegués en establecer unha edición online, dagbladet.no o 8 de marzo de 1995 que en 2012 tiña 771.000 visitas únicas en ordenadores e 237.000 en dispositivos móbiles [1].

O 20 de xuño de 2013 anunciouse que Aller Media mercara o 100% da propiedade do Dagbladet ao Berner Gruppen.

Historia[editar | editar a fonte]

Edición do Dagbladet do 2 de xaneiro de 1905.

O xornal fundouno Anthon Bang, con Hagbard Emanuel Berner como o seu primeiro editor en xefe, e o primeiro número saíu o 2 de xaneiro de 1869, de inspiración liberal democrática, foi o órgano do partido Venstre desde 1884, a partir do comezo da década de 1970 vai adquirindo unha meirande independencia do partido ata que en 1977 rompeu o vencello orgánico co partido [2].

Durante os anos previos á segunda guerra mundial a liña política do xornal fora claramente antinazi pero tras a ocupación do país polos alemáns a súa liña editorial tivo que mudar ao servizo das novas autoridades e como o resto dos medios de comunicación estaban sometidos a vixilancia, censura, directrices e multas e como moitos outros xornais adoptaron a actitude de escribir entre liñas para saltar as prohibicións. O editor en xefe da época, Einar Skavian, intentou resistirse aos mandatos das novas autoridades pero foi arrestado e despois enviado a un campo de concentración, o de Grini[3], sorte que tamén correron outros empregados do xornal. A intención de refundir as cabeceiras do Dagbladet, Morgenbladet e Norges Handels og Sjøfartstidende nunha soa suscitou unha forte reacción e finalmente abandonouse o proxecto pero supuxo tamén o peche do xornal en abril de 1943 pero mantivo a planta e equipo de impresión e tras a ocupación puido saír de novo á rúa o 14 de maio de 1945.

O 26 de agosto de 1990 foi o primeiro xornal noruegués en publicar unha edición os domingos

Suplementos[editar | editar a fonte]

Fredag foi un suplemento que editou entre 1990 e 2012 dedicado á xente nova, entre 15 e 35 anos con reportaxes dedicadas á música, ao cine, á vida nocturna ou ao sexo. En 1999 lanzou os sábados a súa propia revista, o Magasinet, exemplo que copiaron moitos outros xornais do país

Editores[editar | editar a fonte]

Circulación[editar | editar a fonte]

Circulación segundo o Mediebedriftenes Landsforening:[4]

  • 1980: 132 295
  • 1981: 140 429
  • 1982: 138 674
  • 1983: 155 337
  • 1984: 169 317
  • 1985: 175 685
  • 1986: 187 942
  • 1987: 198 937
  • 1988: 206 092
  • 1989: 214 637
  • 1990: 219 757
  • 1991: 214 925
  • 1992: 224 490
  • 1993: 227 796
  • 1994: 228 834
  • 1995: 209 421
  • 1996: 205 740
  • 1997: 204 850
  • 1998: 206 357
  • 1999: 206 969
  • 2000: 192 555
  • 2001: 193 637
  • 2002: 191 164
  • 2003: 186 136
  • 2004: 183 092
  • 2005: 162 069
  • 2006: 146 512
  • 2007: 135 611
  • 2008: 123 383
  • 2009: 105 255
  • 2010: 98 130
  • 2011: 98 989
  • 2012: 88 539[5]
  • 2013: 80 028[6]
Gráfica da circulación do Dagbladet

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "TNS-Gallup, informe do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  2. "Dagbladet no NorgesLexi. Universidade de Bergen". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2014. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  3. Giertsen, Børre R., ed. (1946). Norsk fangeleksikon. Grinifangene. Oslo: Cappelen. p. 91.
  4. "Aviskatalogen, tall fra nettsidene til Mediebedriftenes Landsforening". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 23 de marzo de 2014. 
  5. «Kraftig fall for løssalgsavisene», Aftenposten 19 de febreiro de 2013
  6. «Papiravisene fortsetter nedgangen», nrk.no, 25 de febreiro de 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]