Dólar fidxiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar fidxiano
Fijian Dollar (inglés)
Código: FJD
Ámbito: Flag of Fiji.svg Fidxi
Símbolo: $, FJ$
Fracción: 100 (cents)
Moedas: 1, 2, 5, 10, 20 e 50 cents
1 $
Billetes: 2, 5, 10, 20, 50 e 100 $
Emisor: Banco de Reserva de Fidxi
Taxa de troco:
15-04-2010
1 EUR = 2,5859 FJ$
1 USD = 1,9066 FJ$
Troco actual

O dólar fidxiano (en inglés Fijian dollar ou, sinxelamente, dollar) é a moeda oficial de Fidxi. Normalmente é abrebiado $, ou FJ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é FJD. Subdivídese en 100 cents ou céntimos.

O dólar circula nas illas Fidxi dende 1969, a pesares de que xa circulara anteriormente por primeira vez entre 1867 e 1873, cando foi sustituído pola libra esterlina a raíz da colonización británica. Estes primeiros dólares equivalían a un dólar de prata dos Estados Unidos. O dólar de 1969 sustituíu á libra fidxiana (continuadora da libra esterlina) a razón de 2 dólares por libra.

Esta moeda é emitida polo Banco de Reserva de Fidxi (Reserve Bank of Fiji), e circulan moedas de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 céntimos e de 1 dólar, e billetes de 2, 5, 10, 20, 50 e 100 dólares.

Ligazóns[editar | editar a fonte]