Díaz y Grilló

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clúa
Logotipo

Díaz y Grilló de 1916
Fundación1915 - 1922
LocalizaciónEspaña Barcelona, España
Persoas claveAntonio Díaz e Mario Grilló
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Díaz y Grilló é un antigo fabricante de automóbiles español.

Historia da Compañía[editar | editar a fonte]

A empresa Fábrica Española de Automóviles Díaz y Grilló foi fundada en 1915 en Barcelona por Antonio Díaz e Mario Grilló para a produción de automóbiles. En 1922, logo de construír pouco máis dun centenar de coches, Díaz y Grilló abandonou a súa produción.

Vehículos[editar | editar a fonte]

Fabricaron un pequeno coche deportivo. Nun principio utilizáronse motores de moto MAG de dous e catro cilindros, máis tarde, un motor de catro tempos de 1100 cc de fabricación propia.

Un vehículo desta marca pódese visitar no museo do automóbil Collecció d’Automòbils de Salvador Claret en Sils Xirona.

Literatura[editar | editar a fonte]

  • Harald H. Linz, Halwart Schrader: Die große Automobil-Enzyklopädie. BLV, München 1986, ISBN 3-405-12974-5
  • G. N. Georgano: Autos. Encyclopédie complète. 1885 à nos jours. Courtille, 1975
  • 140 Años de Automóvil en España. Gráficas Valle. Salamanca 2002