Río Cunene
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cunene")
Cunene é un río no suroeste de África, flúe desde as serras de Angola cara a fronteira de Namibia ata desembocar no Océano Atlántico tras percorrer 1126 km. É un dos poucos ríos permanentes da rexión. O goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos Himba.