Cubagua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cubagua
Bandeira de Nova Esparta Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Division Politico Territorial Nueva Esparta.svg
Datos
Capital
País Venezuela
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 24 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 10°49′40″N 64°11′36″W / 10.82778°N 64.19333°W / 10.82778; -64.19333
Maior Altura 32 m.

A illa de Cubagua é unha illa do Mar Caribe, situada ao nordés de Venezuela. Ten unha superficie de 24 km²;. Xunto ás illa de Margarita e Illa de San Pedro de Coche conforma o estado de Nova Esparta.

Historia[editar | editar a fonte]

Descuberta en 1498 por Cristovo Colón, foi poboada por pequenos caseríos españois para explotar a súa riqueza perlífera. Unha destas colonias crecerá ata converterse na cidade de Nova Cádiz en 1528, localizado no punto do leste da illa, Punta As Cabeceiras. Foi a Primeira Cidade de Venezuela.

A cidade de converteu nun importante punto de extracción de perlas pero a súa sobreexplotación, o terremoto (e maremoto) de 1541 e posteriormente en ataque de piratas franceses en 1543 provocaron o abandono total da illa.

Existe a crenza da existencia de restos arquitectónicos baixo o mar. O certo é que hai desconcertantes estruturas en formas de monólitos que se atopan no leito mariño próximo á costa. Se se observa con detemento esta formación, debaixo da auga ou nun mapa, as columnas están dispostas en dúas fileiras paralelas.

A análise das rocas indica que están compostas por un tipo de arenisca que non existe na illa de Cubagua, por isto que se cre que as columnas son de orixe artificial. Intúese que da península de Araya e a illa de Margarita traíanse pedras para ser utilizadas na construción das vivendas e a edificación da cidade de Nova Cádiz.

En 1979 as ruínas de Nova Cádiz foron declaradas Monumento Nacional.

Poboación[editar | editar a fonte]

Aínda que é moi difícil lograr facer un censo da illa pola existencia de chozas non permanentes empregadas polos pescadores margariteños, pódese dicir que está virtualmente despoblada, aínda que sempre existiron proxectos para o seu desenvolvemento mediante unha nova adución de auga desde o continente, xa que o clima é case desértico, como corresponde ao litoral caribeño da América do Sur.

Un mapa demostra un lugar chamado Punta Arenas, no punto do suroeste da illa, pero as imaxes baseadas nos satélites detalladas só mostran cinco casas na área. Algunhas máis casas atópanse na costa do oeste, ao redor a medio camiño entre Punta Arenas e Punta La Horca, a extremidade occidental da illa..

Ruínas da antiga Nova Cádiz