Cruceiro Carlos V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos V

Cruceiro Carlos V en Port Said (Exipto) en 1898.
Historial
Estaleiro Véxase Murguía — Cádiz
Clase Clase Carlos V (único)
Tipo Cruceiro acoirazado
Autorizado setembro de 1888
Posta en grella 4 de marzo de 1895
Botado 12 de marzo de 1895
Asignado 2 de xuño de 1898
Baixa 1923 (destinado como pontón)
baixa o 5 de decembro de 1931
Destino Despezado en Bilbao en 1933.
Características xerais
Desprazamento 9.235 t
10.066 t apc
Eslora 116 m
Manga 20,8 m
Puntal 12,35 m
Calado 7,8 m
Blindaxe casco de aceiro Martín-Siemens
84 mm cinto en zona central
250 mm nas barbetas
62 mm en cuberta e laterais
torres 25 mm
Armamento 2 canóns González Hontoria 280 mm
8 canóns González Hontoria 140 mm
4 canóns García Lomas 100 mm
20 canóns lixeiros
2 canóns de 70 mm
2 x 55 mm
6 tubos lanzatorpedos
Propulsión Dúas máquinas de tripla expansión fabricadas por Maquinista Terrestre y Marítima
2 hélices
Potencia 18.500 cv
Velocidade 20 nós
Autonomía 3.300 mn a toda máquina
9.600 mn a 11 nós
Tripulación 590 homes

1.200 toneladas de carbón
custo:18.350.000 pesetas
Perfil do Carlos V co seu aspecto en 1910.

O Carlos V foi un cruceiro acoirazado da armada española. Tiña unha eslora de 116 metros, manga de 20,42 metros e unha tripulación de 590 homes. Recibiu o seu nome do sacro-emperador Carlos V.

Foi construído en Cádiz, e botado o 12 de marzo de 1895 pero non se entregou á armada ata xuño de 1897 e non tivo tempo de participar na Guerra do 98 e formou parte da Escuadra de Reserva. Desde 1915 foi Escola de Torpedistas e Electricistas. Foi dado de baixa en 1928 e despezado en 1931.