Crotalus atrox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Crotalus atrox
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Viperidae
Subfamilia: Crotalinae
Xénero: Crotalus
Especie: C. atrox

Sinonimia
  • Crotalus cinereous Le Conte in Hallowell, 1852 [nomen oblitum]
  • Crotalus atrox Baird & Girard, 1853 [nomen protectum]
  • Crotalus adamanteus var. atrox Jan, 1859
  • Caudisona atrox var. atrox Kennicott, 1861
  • Caudisona atrox var. sonoraensis Kennicott, 1861
  • C[rotalus]. adamanteus var. atrox Jan, 1863
  • C[rotalus]. atrox var. sonoriensis Jan, 1863
  • C[audisona]. atrox Cope, 1867
  • Crotalus adamanteus atrox Cope in Yarrow in Wheeler, 1875
  • Caudisona atrox var. sonorensis Boulenger, 1896
  • Crotalus atrox atrox Cope, 1900
  • [Crotalus] atrox sonoraensis Amaral, 1929
  • Crotalus atrox Klauber, 1972
  • Crotalus sonoriensis Golay et al., 1993
  • Crotalus atrox Golay et al., 1993[2]

O Crotalus atrox é unha especie de cobra velenosa que habita no suroeste dos Estados Unidos e en México. É a especie responsábel da maioría das mortes por trabada de serpe que se producen no norte de México, así como a especie que máis trabadas de serpe provoca nos Estados Unidos.[3] Non se recoñece ningunha subespecie.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un depredador moi especializado, pertencente á familia Viperidae, as cobras máis avanzadas en termos evolutivos. Ten unha lonxitude de máis de dous metros, o que a converte nunha das meirandes cobras de América do Norte. O seu lombo está decorado con debuxos de diamantes (do cal provén o seu nome común), e o seu corpo remata nun axóuxere formado por segmentos que se van engadindo en cada muda. Os exemplares novos no posúen axóuxere.

Posúe detectores de calor e os cairos posúen un potente veleno hemotóxico que produce edemas e unha morte celular programada por necrose.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The IUCN Red List of Threatened Species". IUCN Red List of Threatened Species. marzo de 2007. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  2. McDiarmid RW, Campbell JA, Touré T. (1999). Snake Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, vol. 1. Herpetologists' League. ISBN 1-893777-01-4.
  3. Norris R. (2004) "Venom Poisoning in North American Reptiles" in Campbell JA, Lamar WW. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. ISBN 0-8014-4141-2.