Costas Caramanlis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Costas Caramanlis, Primeiro ministro de Grecia.

Costas Caramanlis (en grego, Κωστας ou Κωνσταντινος Καραμανλης) (nado o 14 de setembro de 1956). Foi o Primeiro Ministro de Grecia dende o 10 de marzo de 2004 até o 9 de outubro de 2009, sendo sucedido por Georgios Papandreu. Pertence ao Partido da Nova Democracia.

Sobriño do antigo presidente grego Konstantinos Karamanlis, naceu en Atenas e estudou na Facultade de Leis da Universidade de Atenas e na privada de Deree, continou os seus estudos de doutorado na Fletcher School of Law and Diplomacy da Universidade nos Estados Unidos.