Costa Cálida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista por satélite do Mar Menor, na Costa Cálida
Costa Cálida é o nome turístico dos aproximadamente 250 km de costa mediterránea da Rexión de Murcia, España. Esta rexión ten un microclima que se caracteriza por unha temperatura media anual elevada e un grao relativo de aridez, con precipitacións medias inferiores a 340 mm.
A Costa Cálida esténdese desde El Mojón polo norte, preto da provincia de Alacant ata as Cuatro Calas en Águilas polo sur. Abarca localiades costeiras como: San Pedro del Pinatar, San Javier, Los Alcázares, La Manga, Cartagena, La Azohía, Puerto de Mazarrón, Calabardina, Águilas...