Corpo de Mallory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Micrografía que mostra un corpo de Mallory coa característica aparencia cordas enroscadas (centro da imaxe, cun hepatocito globoso). Tinguidura de hematoxilina-eosina.

En histopatoloxía, un corpo de Mallory, corpo de Mallory-Denk ou hialino de Mallory é unha inclusión que se encontra no citoplasma das células hepáticas.[1] Os corpos de Mallory son filamentos intermedios danados que están dentro dos hepatocitos.

Condicións asociadas[editar | editar a fonte]

Os corpos de Mallory atopárone clasicamente no fígado de persoas que padecen a enfermidade hepática alcohólica e antes pensábase que eran específicas dela.[2]

Son máis comúns na hepatite alcohólica (prevalencia do 65%) e na cirrose alcohólica (prevalencia do 51%).[3]

Son unha característica recoñecida da enfermidade de Wilson (25%), a cirrose biliar primaria (24%), a cirrose non alcohólica (24%), o carcinoma hepatocelular (23%) e a obesidade mórbida (8%), entre outras condicións.[3] Porén, informouse da súa presenza nalgunhas outras condicións non relacionadas.[4]

Aspecto[editar | editar a fonte]

Os corpos de Mallory son altamente eosinófilos, polo que aparecen de cor rosa coa tinguidura de hematoxilina-eosina. Os propios corpos están feitos de proteínas de filamentos intermedios de citoqueratina 8/18, que foron ubiquinadas, ou unidas a outras proteínas como as proteínas de choque térmico, ou p62/Secuestosoma 1.[5]

Epónimo[editar | editar a fonte]

O nome procede do patólogo americano Frank Burr Mallory, que foi quen primeiro describiu as estruturas en 1911.[3] Foron renomeados como corpos de Mallory-Denk en 2007 en honor á contribución do patólogo austríaco Helmut Denk pola análise molecular da patoxénese destes corposs.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cell Injury". 
  2. Denk, H; Franke, WW; Eckerstorfer, R; Schmid, E; Kerjaschki, D (August 1979). "Formation and involution of Mallory bodies ("alcoholic hyalin") in murine and human liver revealed by immunofluorescence microscopy with antibodies to prekeratin." (PDF). Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 76 (8): 4112–6. PMC 383988. PMID 386356. doi:10.1073/pnas.76.8.4112. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Jensen, K; Gluud, C (Oct 1994). "The Mallory body: morphological, clinical and experimental studies (Part 1 of a literature survey).". Hepatology 20 (4 Pt 1): 1061–77. PMID 7927209. doi:10.1002/hep.1840200440. 
  4. Michel, RP; Limacher, JJ; Kimoff, RJ (January 1982). "Mallory bodies in scar adenocarcinoma of the lung.". Human Pathology 13 (1): 81–5. PMID 6176520. doi:10.1016/S0046-8177(82)80143-3. 
  5. Stumptner, Conny; Fuchsbichler, Andrea; Zatloukal, Kurt; Denk, Helmut (2007). "In vitro production of Mallory bodies and intracellular hyaline bodies: The central role of sequestosome 1 / p62". Hepatology (en inglés) 46 (3): 851–860. doi:10.1002/hep.21744. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 02 de maio de 2020.