Conversa usuario:Xoseanton

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvid@ á Galipedia Xoseanton, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un saúdo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:54, 10 maio 2005 (UTC)

Únome á benvida. Se tes algunha dúbida non temas preguntar que aquí non trabamos (moito) ;) --Alyssalover(fálame) 07:52, 11 maio 2005 (UTC)

  • Con certo retraso únome ao resto de benvidas. Á chegada de novos colaboradores sempre nos permite avanzar neste fermoso proxecto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:50, 15 maio 2005 (UTC)

Mar Vaamonde[editar a fonte]

Ola, Xosé Antón! Incluín no artigo de Mar Vaamonde García o Modelo:Biografía, que toma a información de Wikidata. Sería bo indicar o lugar de nacemento, se houber referencias, para que aparecese na Wikipedia:Lista de mulleres de Galicia segundo Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de xullo de 2018 ás 07:38 (UTC)[responder]

Por favor, non elimines contido da Wikipedia. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de febreiro de 2024 ás 12:42 (UTC)[responder]

Ola Estevo. O artigo inicial fixérai eu no 2018. A persoa sobre a que versa o artigo "Mar Vaamonde" pediume que eliminase o artigo pois está sufrindo un proceso de recabar información sobre ela por un grupo de pais de alumnos/as ata o punto de eliminar a conta dalgunha rede social. Pediume insistentemente que eliminase o artigo e así fixen nun par de ocasións. Non entendo a insistencia en conservalo.
Saúdos Xoseanton (conversa) 7 de febreiro de 2024 ás 12:51 (UTC)[responder]
Ola de novo! Dunha banda, o artigo debe conservarse porque ten relevancia enciclopédica. Un artigo non pode borrarse ou modificarse porque á persoa afectada lle pete, sexa Donald Trump, Elon Musk ou Mar Vaamonde García. En todo caso, para borrar unha artigo cómpre seguir o protocolo establecido, e iniciarse o proceso sinalado en Wikipedia:Votacións para borrar. Doutra banda, a Wikipedia non é unha fonte primaria, polo que toda a información nela contida debe ser contrastable (Wikipedia:Verificabilidade), co cal se alguén quere tomar o traballo de recabar información pode facelo a través doutras publicacións e referencias. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de febreiro de 2024 ás 12:57 (UTC)[responder]