Conversa usuario:Wabbalabbadabdab

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arranxiños en Xerpo[editar a fonte]

Ola, Wabbalabbadabdab,

Moitas grazas por publicares en Wikipedia. Os contidos que publicaches, tanto a imaxe coma o texto, deben ser borrados ou modificados porque non cumpren os requisitos para estar na Wikipedia. Pero é normal que isto pase nas primeiras veces que editamos na Wikipedia (pasounos a todas!). Os contidos poderían manterse se se fan modificacións (e diso fáloche un cachiño máis abaixo). Ë importante que nos vindeiros días (non sei, até o luns da semana que vén, por exemplo), os modifiques. Se necesitas axuda con algo, por favor, escribe na miña páxina de conversa. Eu estou aquí para axudar, ao igual ca outras editoras da Wikipedia.

  • por que non vale o texto? primeiro, creo que é un texto moi longo para a importancia da compañía (fíxate por exemplo en Sarabela Teatro) e inclúe moitos datos que, sendo seguramente certos, non son comprobables: a Wikipedia non é unha enciclopedia para publicar datos, senón para resumir datos que xa foron publicados noutros sitios. Isto pode amañarse con referencias. Concéntrate no que fai esta compaña importante e prescinde dos aspectos menos relevantes. Por outra parte, e desculpa se me trabuco aquí, hai veces que persoas empregan a Wikipedia, con boa intención, para promocionaren os seus proxectos. Non digo que sexa o teu caso, pero si que cando isto sucede parécese bastante o resultado ao artigo sobre Xerpo: comentarios positivos, extensión desmedida, acceso a datos privados e informacións que dificilmente son públicas, etc. Parece a copia/tradución dun dosier da compañía dos que enviar a axentes de contratación. Seguramente non sexa este o caso, pero en todo caso, non pode parecer que o sexa. Solución para isto: se non é o caso, de novo, hai que redactar de maneira máis concisa, indo ao importante, e achegando só datos que poidan ser referenciables. Se fose certo: entón témome que o artigo non podería seguir na Wikipedia, pois consideraríase contido promocional. Alguén, no futuro, non vinculado a Xerpo, acabará creando estes contidos.
  • por que non vale a imaxe? as imaxes que estean publicadas na Wikipedia teñen que estar libres de dereitos. Ou sexa, carecer de copyright. A imaxe que subiches non ten unha licenza compatible coa Wikipedia, e ademais fáltalle información: quen é a autora da imaxe, cando e como a fixo, que licenza escolle para a sa distribución... como amañalo? Primeiro, tes que asegurarte de que a imaxe non ten copyright. Despois, tes que completar ben os datos da licenza, para que quede claro para o mundo que esa é unha imaxe que non ten copyright. COn estas condicións si poderían quedar ambos os contidos.

Calquera dúbida que teñas, como xa che dixen, só tes que consultarme. Estou aquí para axudar. E non amouques porque che "berre" na primeira interacción: do mellor xeito posible dígoche que estes contidos non poden seguir, pero que temos tempo e posibilidades de amañalos para que permanezan.

Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 10:47 (UTC)[responder]


Ola, Wabbalabbadabdab. Vin que amañaras moito. Eu acabo de darlle uns retoquiños á redacción e á organización dos contidos en base ao que ti puxeches. Agora queda:
  • Buscar referencias ao que puxeches, é dicir, de onde obtés esa información, incluída a listaxe de espectáculos. Para isto o mellor é que, primeiro, atopes esas fontes, e despois, cliques nun botón que tes que pon 'Citar' dentro do modo de edición. É ben sinxelo e só tes que seguir as instrucións. Pero se polo que sexa non che parece sinxelo, avisa e tento botarche unha man.
  • Buscar imaxes que estean libres de dereitos e poder licencialas cunha licenza copyleft. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 17:45 (UTC)[responder]
@Xabier Cid:Ola Wabbalabbadabdab, con permiso, se usas o Editor visual para editar os artigos (premes na lapela "editar" ó modificar os artigos), aquí tes un videotitorial que explica un pouco como engadir referencias. Se tes calquera dúbida pregunta sen medo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2020 ás 21:11 (UTC)[responder]

Sobre as citas[editar a fonte]

Ola, Wabbalabbadabdab. Non o estás a facer ben :) Así que non sigas por aí. :) Como me acabas de contactar en Telegram vouche explicar por aí como meter as citas ben. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de abril de 2020 ás 15:47 (UTC)[responder]

Nota: Despois dunha conversa en Telegram quedou explicado como meter citas que non sexan ligazóns externas. Anoto aquñi para que se entendan as edicións. --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de abril de 2020 ás 16:53 (UTC)[responder]

Sobre as imaxes[editar a fonte]

Vin a túa mensaxe. Probablemente xa che conteste mañá. Un saúdo --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 19:14 (UTC)[responder]

Ola Usuario:Wabbalabbadabdab. Desculpa que non che respondese a isto onte. Vou ir por partes, e vou crear seccionciñas para explicar as cousas, que eu creo que estes días, co apuro, non me quedaron ben.

Quen debe editar Wikipedia[editar a fonte]

Todo o mundo debe editar a Wikipedia, calquera artigo da Wikipedia. Só hai dúas excepcións: artigos protexidos, que normalmente son artigos conflitivos, que se protexen para evitar batallas de edicións, e a segunda: os artigos sobre un mesmo. Si, Donald Trump non debería editar un artigo sobre si mesmo. A razón é de neutralidade. Non porque Trump queira levar a auga ao seu muíño a mantenta, que tampouco, senón porque inconscientemente el non é a persoa máis adecuada para saber se algo ten a importancia que se lle está a dar. Non é tanto que os datos sexan certos ou falsos como a importancia que lle esteamos a dar.

Por que conto isto? Porque se ti es un dos membros de Xerpo quizais non deberías estar a editar artigos sobre Xerpo. Non estou dicindo que o sexas (nin quero sabelo): pero necesito pór aquí esta advertencia para falar agora sobre as imaxes.

Que imaxes poden publicarse na Wikipedia?[editar a fonte]

Poden publicarse (son compatibles con Wikipedia) as imaxes que son liberadas desde o principio cunha licenza aberta que permite a explotación comercial. Vou revisar os dous conceptos importantes aquí:

  • desde o principio. Si, se unha imaxe foi publicada inicialmente con copyright, despois non pode pasar a ser licenza aberta. Que cousas son publicadas con copyright? Sob a lexislación española, todo agás que se sinale explicitamente o contrario. Ou sexa, un cartel dunha obra de teatro de hai unha ducia de anos está, a non ser que marque explicitamente que non, rexistrado con ©. Non fai falla que teña o símbolo. Todo, por defecto, ten o ©.
  • explotación comercial. Aínda que a Wikipedia non fai explotación comercial dos seus contidos, outras persoas poderían facelo. Por iso toda aWikipedia está marcada como 'uso comercial'. De maneira que se aplicas unha licenza CC ou GNU, ou a que queiras, ten que permitir o reaproveitamento comercial.

Como marco a licenza?[editar a fonte]

Cando publiques unha imaxe, tes que completar os datos dela. Nada máis. Pero ten que constar claramente quen é o autor da imaxe e o tipo de licenza escollida. No caso dun póster, quen é o autor da imaxe? A deseñadora do póster. Se ademais ese póster está fotografiado, son autores (e polo tanto, teñen que estar de acordo as dúas persoas na licenza; senón están de acordo é copyright) tanto a persoa autora do póster como a autora da fotografía.

Que opcións tes?[editar a fonte]

Vale, imaxinemos que todos os teus grandes plans de empregar unha fotografía para ilustrar os artigos acabo de chafarchos... Isto é moi habitual. A lexislación española en termos de protección de dereitos de autor é moi proteccionista (non vou agora dar a miña opinión), e por iso é complicado ver artigos con imaxes, e con imaxes boas aínda menos. Pero, ei, creo que tes aínda algunhas opcións:

  • Para o artigo de Xerpo: podes pór unha foto de montaxes, sempre que a foto sexa túa, non fose publicada antes, ou o fose con licenza compatible coa Wikipedia. Podes tamén facer unha montaxe con pósters ou outros elementos das montaxes. Por exemplo, unha foto dun póster ten dereitos da persoa que deseñou o póster. Pero unha foto dun muro onde hai pegados unha ducia de pósteres distintos non, porque ningún deles é un elemento significativo da foto.
  • Para o artigo da sala é sinxelo (ben, arresto domiciliario á parte).
  • Para o artigo do premio... unha boa opción é unha foto do premio outorgado, ou se é só honorífico, algunha foto das montaxes gañadoras. De novo, teñen que ser as fotos túas, que non fosen publicadas antes, etc.

Espero que isto che poida servir de axuda... vou facer unha cousiña e agora volvo.--Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de abril de 2020 ás 15:13 (UTC)[responder]

A cousiña que ía facer era habilitar o meu perfil en Telegram para que poidas facerme consultas alí, se usas Telegram e ests cómodo con el. Telegram non substitúe isto, as páxinas da wiki, pero pode resultar máis áxil puntualmente para resolver dúbidas. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 5 de abril de 2020 ás 15:36 (UTC)[responder]