Conversa usuario:Elisardojm/Carta AGE

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eu deixaríao así:

Estimado señor Bragado:

Os principais administradores e usuarios activos da Galipedia poñémonos en contacto con vostede na súa calidade de presidente de Asociación Galega de Editores para solicitarlle a colaboración da entidade no proxecto colaborativo da Galipedia, unha enciclopedia de acceso libre e de balde creada en lingua galega que nestes momentos conta con máis de 68.000 artigos.

Un dos problemas co que nos atopamos no noso día a día é a falta de imaxes publicadas cunha licenza que permita o seu uso nesta enciclopedia. Este problema é maior nos artigos sobre libros e escritores contemporáneos, posto que por motivos lexislativos resulta moi complicado conseguir este tipo de imaxes.

A nosa petición consiste en que vostedes publiquen as portadas dos libros que editan e as fotografías dos seus escritores cunha licenza compatible para así podermolas incluír nos artigos da Galipedia. Pensamos que esta iniciativa será positiva tanto para a Galipedia como para vostedes mesmos, de feito estamos convencidos. Para isto teñen a posibilidade de escoller entre as seguintes licenzas copyleft:

  • A GFDL, GNU Free Documentation License (Licenza Pública Xeral de GNU), que obriga a manter o recoñecemento ao autor orixinal, a que se distribúa coa mesma licenza, é dicir GFDL, e que conteña o texto completo. Esta licenza úsase principalmente para textos e é a que se usa na Galipedia.
  • A CC-BY, Creative Commons Attribution (Creative Commons recoñecemento), que unicamente obriga a recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador.
  • A CC-BY-SA, Creative Commons Attribution ShareAlike (Creative Commons recoñecemento compartir igual), que obriga a recoñecer os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador así como a distribuír as copias coa mesma licenza, é dicir CC-BY-SA.

Ademais das licenzas mencionadas, existe tamén a posibilidade de publicar, liberadas, as imaxes no dominio público.

Pola nosa parte ofrecémoslle a AGE o noso asesoramento en todo este proceso para facer que lles sexa o máis sinxelo posible.

Esperamos que esta idea sexa do seu interese, e que acepten participar neste proxecto aberto a todos.

Un cordial saúdo,

Quitei algunha cousa, maticei algunha outra. A túa idea é sometelo logo a discusión/votación? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:12, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Si, ía darlle un repasiño e logo poñer a ligazón na conversa da taberna para que todo o mundo poda revisar o texto e amañar o que lle pareza mellor. Engadín os teus cambios salvo o recorte do texto que explica as implicacións da liberación das imaxes. Penso que é mellor que quede totalmente claro dende o principio para que logo non haxa ningún tipo de malentendido, non vaia ser o demo. Pero si se ve que non é necesario pois quítase e listo, tampouco imos a liarnos moito que si teñen a asamblea en marzo non sobra o tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:35, 24 de febreiro de 2011 (UTC)
Xa puxen o aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:52, 24 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Dous detalles: 1) A Carta é para Manuel Bragado, non para os señores da AGE. El é quen despois xa se encargaría de expoñer o asunto. 2) Modifiquei sobre a carta de Xoacas, se non gusta recupérase.[1]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:07, 24 de febreiro de 2011 (UTC)
Pasei os teus cambios con algúns arranxiños á páxina principal, penso que agora será mellor que tódolos cambios se fagan alí, ou si se prefire se comenten nesta conversa.
Unha nota: manteño a fraseciña que comenta as consecuencias da liberación das imaxes xa que non estaba na versión de Xoacas porque aínda non se comentou nada sobre ela, a miña opinión está enriba. Si pensades que é mellor quitala xa sabedes como se fai :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:11, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Agora ocorréronseme un par de comentarios que se poderían engadir, a ver o que vos parecen:

  • Podemos comentar que sería unha experiencia pioneira e posiblemente única en Galicia e seguramente que en España tamén.
  • E tamén se lles pode dicir que si lles afectara menos, que tamén nos valería conseguir fotos en baixa resolución das portadas dos libros, dese xeito sería un uso máis cercano ó do Fair use (aclarando que non tería o mesmo valor legal, as licenzas teñen que ser as que se comentan, iso si). Isto podemos incluilo agora na carta ou si se fai algún tipo de reunión ou conversas con este colectivo podería presentarse máis adiante como alternativa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:41, 24 de febreiro de 2011 (UTC)
  • Elisardo, eu non me complicaría tanto a vida. En realidade o único que hai que facer é unha petición formal. E a partir de aí eles pronunciárense. Canto da condición pioneiro no Estado, non sei se o é; seica os catalán traballan con institucións -ignoro se con editoriais- ademais de con verios centros de ensino e medios de comunicación. Pero ao que imos: a cousa está en redactar facendo ver que non sería complicado e en mandarlla. Co que saia de aí, xa veremos. --Atobar (conversa comigo) 17:04, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Eu faría antes un par de cambios menores. Por exemplo, o terceiro parágrafo creo que estaría máis claro se dixese algo como isto: "A nosa petición consiste en que vostedes publiquen as portadas dos libros que editan e as fotografías dos seus escritores baixo licenza compatible cos termos de uso da Wikipedia. Deste modo poderíamos incluílas nos artigos da Galipedia que teñan relación con tales obras e tales autores, e tamén noutros proxectos da Fundación Wikimedia. Estamos convencidos de que esta iniciativa será positiva tanto para a Galipedia como para vostedes mesmos etc etc".

Tamén na enumeración de licencias propoño un par de cambios:

  • A GFDL, GNU Free Documentation License (Licenza Pública Xeral de GNU), que permite o uso dos contidos a condición que se manteña o recoñecemento ao autor orixinal, que se distribúa coa mesma licenza, é dicir GFDL, e que conteña o texto completo. Esta licenza úsase principalmente para textos e é baixo a cal está publicada calquera das wikipedias.
  • A CC-BY, Creative Commons Attribution (Creative Commons recoñecemento), que permite o uso dos contidos a condición que se recoñezan os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador.
  • A CC-BY-SA, Creative Commons Attribution ShareAlike (Creative Commons recoñecemento compartir igual), que permite o uso dos contidos a condición que se recoñezan os créditos da obra do xeito especificado polo autor ou polo licenciador, así como a distribuír as posibles copias coa mesma licenza, é dicir CC-BY-SA".

Eu omitiría a frase "Todas estas licenzas permiten que as obras sexan copiadas, redistribuídas, modificadas e tamén vendidas.". Engadiría, iso si, unha ligazón á páxina na que se describan os diferentes tipos de licenza. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:17, 24 de febreiro de 2011 (UTC)

Vale, estou dacordo cos vosos comentarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:44, 24 de febreiro de 2011 (UTC)