Conversa usuario:Asturcon

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Olá, Asturcon. Estou observando que tes problemas coa colocación de fotos. Xa o fixen por ti. Imaxino que a foto é tua, polo que che pido que vaias á páxina de discusión da foto e copies ali este esquema coa información seguinte, que é máis completa que a que hai de momento, e que me permitin completar un pouco eu mesmo:

{{Information
|Description=[[Xoán Gato]]
|Source=Propia (self-made)
|Date= (é do 18 de xuño?)
|Author=(O teu nome)
|Permission=PD-propia
|other_versions=
}}

Perdoa que non me expliquei ben antes no referente ás imaxes. O lugar para pór os datos dunha imaxe é a páxina de discusión da imaxe. No caso de Image:Xoan Gato.jpg, esta é a sua páxina de discusión. A páxina de discusión de cada artigo é para tratar sobre o contido do artigo, na de cada imaxe, ademais disto, gardan-se os datos da licenza, etc. Espero non estar resultando moi confuso. Un saúdo.--Xosé (✉) 14:32, 18 xuño 2007 (UTC)

Perdoa outra vez. Fixen-me eu un lio eu só. Os datos de cada imaxe póñense na páxina da imaxe, equivoquei-me antes. A páxina de discusión é para comentar sobre a imaxe. Xa fixen eu as modificacións pertinentes, xa está feito. Fixa-te que aparecen os datos identificativos, a licenza coa que se publica e a categoria á que pertence a imaxe (asi tamén se organizan as imaxes, igual que os artigos). Un saúdo.--Xosé (✉) 15:00, 18 xuño 2007 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Cando dous artigos teñen o mesmo texto non é preciso repetilo (iso implicaria facer revisións varias veces). Abonda cunha redirección. Consulta a sección de axuda da Galipedia para esta e outras informacións e suxestións que che poden resultar de moita utilidade. Un saúdo.--Xosé (✉) 14:00, 18 xuño 2007 (UTC)


moitas grazas asturcon

Varios temas[editar a fonte]

Benvido á Galipedia Asturcon. Todas as imaxes que se publican na Wikipedia deben incluír unha licenza (que indica que uso se pode facer coa imaxe) e a orixe (para determinar o autor). Na información que incluíu na licenza do logotipo Image:Unidade por narón.png di que é vostede o autor de dito logotipo. Mediante esta mensaxe quixera confirmar que iso é así, e no caso de vostede sexa o autor tamén quixera saber se dispón dun permiso por escrito de Unidade de Narón para publicalo no dominio público. En canto á imaxe Image:Xoan Gato.jpg é preciso confirmar que vostede é autor da foto tal como dice na caixa de información da imaxe. Así mesmo segundo as regras da Galipedia se vostede ten relación directa con Xoán Gato ou con Terra Galega debe limitarse a achegar datos ou mesmo non contribuír en ditos artigos, suxerindo os engadidos ou cambios na páxina de discusión do artigo. Con respecto ao enlace ao Vilar no artigo Narón debe deixar de retiralo, ese é un asunto que se resolveu no pasado retirando todos os enlaces a esa páxina menos ese que quedou. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:23, 20 xuño 2007 (UTC)

Ola Asturcon. Podo comprender que estea molesto porque as súas expectativas sobre a Galipedia non se cumpriran, pero debería intentar coñecer o funcionamento deste wiki e da Wikipedia antes de continuar facendo edicións para dicilo dun xeito suave "pouco amigables". Estou disposto a explicarlle todo o que sexa preciso pero antes debe comprender que os temas que lle sinalei na mensaxe anterior son moi importantes para este proxecto. As licenzas das imaxes son un tema fundamental, debemos verificar que as imaxes pertencen a quen di ser o autor, outra cousa sería suplantar a identidade e atribuirse a propiedade de algo que non é propio. Pode que vostede teña autorización verbal (ou non) para publicar ditas imaxes, sexa o autor (ou non), pero a efectos do wiki non é suficiente. Cómpre confirmación. O outro punto sinalado ten que ver co que chamamos conflito de intereses (en inglés). Supoño que estará de acordo en que non resulta apropiado escribir como se fora un terceiro sobre alguén co que se está relacionado ou ao que se opón. Por ese motivo tiven que preguntarllo, o seu xeito de actuar o único que fai é confirmar que a pregunta viña ao caso. Tamén concordará comigo en que todos os esforzos que fagamos por reforzar a credibilidade deste proxecto son poucos. Neste caso todas as mensaxes que lle deixamos foron respectuosas ademais de prudentes, e non creo que sexa nada fóra do común solicitarlle certas aclaracións. Para finalizar prégolle que teña en conta todo o dito nas súas edicións futuras e nas súas valoracións, así mesmo o feito de que faga as edicións sen estar rexistrado para nós non cambia nada do exposto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:18, 21 xuño 2007 (UTC)

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Lmbuga Commons - Galipedia 17:41, 11 outubro 2008 (UTC)